Tamén nos parece importante que as actividades sexan variadas para que resulten atractivas e motivadoras, por iso decidimos apostar por actividades e xogos con diferentes niveis de dificultade.
Asimesmo publicaremos fichas que poderedes descargar e imprimir desde a páxina web do noso centro.
Os rapaces deben ler un anaco (15-20 minutos ) todos os días, tamén debedes pedirlles que vos lean en voz alta para mellorar a calidade e corrección da lectura.Despois poden realizar algunha das fichas de lingua ou matemáticas que imprimades e completar o traballo coas actividades e xogos que aparecen no blogue.É moi importante a vosa axuda para controlar o traballo dos nenos e comprobar que o fan correctamente.Cando vaian facer algún dos exercicios pedide que volo lean en voz alta e que vos expliquen o que deben facer para comprobar que entenderon o enunciado.Comprobar que non xuntan ou separan palabras e que utilizan as maiúsculas.
Deixámosvos aquí unhas ideas da mestra de música para estes días
Ideas para traballar música
Moitas grazas pola vosa colaboración e envíamosvos os nosos mellores desexos nestes difíciles momentos.