Amosando publicacións coa etiqueta EIRUGAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EIRUGAS b>. Amosar todas as publicacións
martes, 5 de novembro de 2013
Como está a nosa eiruga?
A nosa eiruga segue en fase crisálida. Pode ser que permaneza así ata a primavera, esperemos que aló por marzo vexamos saír unha fermosa bolboreta. Seguiremos informando.
mércores, 9 de outubro de 2013
A NOSA EIRUGA CONVERTEUSE EN CRISÁLIDA
Esta noite a nosa eiruga converteuse en crisálida. Se todo vai ben teremos unha fermosa bolboreta en aproximadamente 12 días.
En liberdade as eirugas suxéitanse polo cu a unha pola de fiuncho utilizando unha substancia pegañenta que segregan e aseguran a parte superior cunha especie de arnés de seguridade que fabrican cunha especie de seda.
A noisa eiruga tentou pegarse a un talo de cenoria. Se vos fixades nas fotografías vese a substancia pegañenta no cu e os restos da última muda de pel á beira do talo.
martes, 8 de outubro de 2013
CAMBIO DE EIRUGA A CRISÁLIDA
Vídeo onde se ve con detalle a transformación da eiruga PAPILIO MACHAON en crisálida.
UNHA EIRUGA MISTERIOSA
Onte Yaiza troúxonos para a clase unha eiruga que atopara polo contorno. Puxémonos a investigar para ver de que especie era, xa que necesitábamos saber de que planta se alimentaba.

Buscamos información na Internet e descubrimos que era a eiruga da bolboreta PAPILIO MACHAON.
A eiruga aliméntase de fiuncho, ruda, pirixel e follas de cenoria.
Non tivemos que darlle de comer porque xa está empezando a facer o casulo.
Mañá colgaremos fotos dela para que vexades como fai o casulo.
Agora deixámosvos varios enlace a páxinas onde poderedes informarvos sobre elas.
CICLO DA PAPILIO MACHAON
CRÍA DE PAPILIO MACHAON
WIKIPEDIA

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)