Amosando publicacións coa etiqueta 0 AVISOS IMPORTANTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 0 AVISOS IMPORTANTES. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de setembro de 2020

EMPEZAMOS O CURSO 2020-21

Benvidos ao curso 2020-2021


Regreso a la escuela por un nuevo concepto de estilo de vida normal.  estudiantes felices los niños lindos que usan mascarilla y gel de alcohol o  gel de lavado a mano y
Empezamos un novo curso no que teremos que superar novos retos polos tempos difíciles nos que estamos a vivir.   

Nesta situación a nosa prioridade será  protexer a saúde dos nosos alumnos polo que se toman medidas para adecuar o funcionamento do centro a estas prioridades. 
A continuación deixamos o enlace a un vídeo que aparece na páxina web do centro no que se explican as liñas xerais de actuación,  os protocolos que imos seguir dentro das aulas, e os cambias nas entradas, saídas e recreos.



Vídeo explicativo


Lembrade que é necesario descargar  a app Telegram. Nela está dispoñible o formulario para comunicar ausencias ao cole por causa COVID. É obrigatorio e moi importante.








Agora veremos as medidas  particulares que afectan ás aulas de primeiro e segundo de primaria



MASCARIÑAS

Os rapaces deben traela posta en todo momento tanto nas aulas como durante o recreo e os desprazamentos polo centro.
O primeiro día deben traer unha mascariña de reposto que virá dentro dunha caixa, sobre ou bolsa pechada e que traerá o nome do alumn@. 
Esta mascariña quedará na clase para utilizala se a necesitamos.


LAVADO E HIXIENE DE MANS

No centro priorizaremos a hixiene , todas as aulas dispoñen de xel hidroalcólico para ser utilizado polos rapac@s, e desinfectante e toalliñas para limpar mesas, cadeiras e material común.



 Durante o curso pero especialmente nestes primeiros días realizaremos rutinas para concienciar aos rapaces da importancias das medidas de control e hixiene: uso da mascariña e forma correcta de colocala, a importancia de manter a distancia social e de non relacionarse con outros grupos para que o grupo-burbulla da nosa clase se manteña estanco.


RECREOS

Durante este curso  no centro haberá tres quendas de recreo.  Nas distintas quendas  cada grupo terá un lugar asignado onde estará apartado dos outros grupos.
Salvo excepcións polo mal tempo, cando nos toque fora do pavillón, faceremos a merenda no exterior mantendo a distancia de seguridade. Os días de choiva utilizaremos o vestíbulo ou o ximnasio para poder manter as distancias.
Para evitar que as mascariñas caian ao chan, se luxen,se perdan ou poidan intercambiarse no cole teremos unhas bolsas con cierre hermético e co nome de cada rapaz para que as utilicen durante a merenda.
Poderemos levar ao patio a fiambreira e a auga  que quedarán gardadas  nunha caixa; cando entremos na aula cada rapaz recollerá a súa.



MATERIAL

Este curso continuaremos utilizando a plataforma Snappet pero as tablets serán de uso individual. Durante todo o curso estará habilitado o servicio on-line que nos permitirá traballar nelas desde o noso domicilio.



Cada alumno terá un estoxo onde gardará o material máis común que se utiliza na aula.
Para gardar este material necesitaremos unha bolsa de tea, como a das merendas para que cada neno a colgue na súa mesa.

Minimizaremos o traslado de material entre a escola e a casa:
- Os rapaces non poderán traer xogos, libros, revistas...
- Non se traerán mochilas ou bolsas grandes.
- Como norma xeral só traeremos unha bolsa coa merenda e a auga.
-  Habitualmente o traballo que leven para realizar na casa mandarase a través da plataforma Snappet.

Lembrade que nos debedes enviar a licencia Snapett que vos deron cando fixéchedes a compra. 

Os alumnos de segundo poderedes traer o material a partir do primeiro día de clase.

COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS


Non se celebrarán as reunións de principio de curso e, como norma xeral as reunións e titorías celebraranse de xeito telefónico ou por vídeoconferencia.

Durante este curso a comunicación coas familias facerase a través da aplicación CLASS DOJO, que deberedes descargar no móbil. Desde o cole mandarémosvos as instrucións e enlaces os primeiros días de clase.

Seguiremos utilizando o blogue A SELVA DO PORTOFARO e a plataforma Snappet.

 


MOI IMPORTANTE

Deberemos comunicar calquer falta de asistencia e o seu motivo  a prImeira hora da mañá, xa que temos a obrigación de comprobar que calquer falta non se deba a motivos que entran no protocolo COVID

Por motivos de seguridade un alumno non se poderá incorporar ao centro no cambio de hora nin no recreo.
En caso necesario poderase recoller a calquer alumno antes de que finalice a xornada lectiva.


Se hai algún tema que vos preocupe e que non tratamos neste resumo quedamos á vosa disposición para calquer aclaración que necesitedes.




BO PRINCIPIO DE CURSO PARA TODOS








venres, 19 de xuño de 2020

AGRADECEMENTO


Esta é a última semana dun curso estraño en tempos moi complicados.
 Un curso que fomos superando  entre todos pero sobre todo gracias a vós: 

- A vós rapaces e rapazas que cumplistes as normas, que vos quedastes en casa e que seguistes traballando con ilusión, facendo o traballo semana tras semana aínda que estabades cansados, aburridos e fartos.

- Pero sobre todo gracias a vós, pais e nais, que, a todo o traballo que xa tiñades e pese aos moitos problemas que vos xurdiron, tivéchedes que exercer de mestres. 

- Gracias por facer a maior parte do noso traballo, por botarlle horas e ilusión e por manterse en contacto con nós. 

- Gracias por axudar, correxir e animar continuamente aos nos@s alumn@s.

-Gracias por levar adiante este curso. 
Este foi o voso curso.

O próximo esperemos poder facelo entre todos, vernos, falar e sentir que as cousas se van amañando.

           MOITAS GRACIAS!!!



Vémonos en setembro.




RECOMENDACIÓNS VERÁN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


 RECOMENDACIÓNS VERÁN
1º Educación Primaria


A primeira e máis importante recomendación é que descansen, xoguen  e se divirtan.  Eles xa acabaron o seu traballo.

Despois de descansar un par de semanas  aquí van outras recomendacións:

  • É moi importante que lean un anaquiño todos os días.  Poden ler calquer cousa que lles apeteza: contos, poesías, revistas, cómic…
  • De cando en vez pedirlles que lean en voz alta para mellorar o ritmo e a entonación.


 Un día á semana poden adicar unha hora aos seguintes traballos para reforzar o aprendido e preparar o próximo curso:

  • Realizar algún ditado ou copia para mellorar a atención e o tamaño e calidade da letra . 
  • Facer series numéricas e ordenar números.
  • Facer algunhas   contas e resolver problemas matemáticos sinxelos.
Casi todo isto poden facelo a través de SNAPPET xa que esta plataforma educativa vai seguir activa durante unha parte do verán
 No blogue  A SELVA DO PORTOFARO  colgaremos (con calmiña e pouco a pouco)  traballo e enlaces   para ir a páxinas con xogos e actividades que nos permitan aprender e divertirnos .
Tamén insertaremos actividades e fichas  que poderedes descargar e imprimir.

Aproveitamos  a ocasión para agradecervos de novo todo o traballo realizado durante este curso e mandarvos un agarimoso saúdo.

FELICES VACACIÓNS!!!

BO VERÁN!!!!!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!!





domingo, 10 de maio de 2020

NOTA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Recordamos as principais  directrices do traballo neste trimestre.
   
- A maior  parte do traballo  enviarémola pola plataforma Snappet xa que ten unha   gran variedade de actividades, con diferentes niveis de dificultade.

 - Colgaremos fichas para imprimir coa intención de que practiquen a escritura, melloren a calidade da letra, regulen o seu tamaño e aprendan a distribuír o espazo..



- Seguiremos colgando traballo on-line con vídeos, explicacións para unha mellor comprensión dos temas que se estudan, traballo de reforzo que aparecerá  no blogue e na Aula Virtual do cole.


- Deben adicar todos os días un anaco á lectura, tanto silenciosa como en voz alta para mellorar a velocidade, a expresividade e practicar as pausas nos signos de puntuación.

-Lembramos que podedes devolvernos os traballos  na Aula Virtual  ou nas seguintes direccións de correo

primeironivel@ceipportofaro.com

segundonivel@ceipportofaro.com



Por último lembrar estes blogues nos que atoparedes traballo para 1º e 2º




BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA

BLOGUE INGLÉS 1º PRIMARIA


BLOGUE INGLÉS 2º

BLOGUE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN





Moitas grazas  unha vez máis polo voso esforzo. 

domingo, 19 de abril de 2020

NOTA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Comunicámosvos as  novidades para o traballo neste trimestre :

   
- Mandaremos unha boa parte do traballo pola plataforma Snappet xa que resulta a máis adecuada para controlar o traballo e ten gran variedade de actividades que poden realizar por si mesmos.


Lembrámosvos que poderedes acceder desde




- Seguiremos colgando traballo on-line con vídeos, explicacións para unha mellor comprensión dos temas que se estudan, traballo de reforzo que aparecerá  no blogue e na Aula Virtual do cole.

- 
Colgaremos fichas para imprimir para que practiquen a escritura  e, sobre todo, para aquelas familias que  non poidan conectarse á rede con facilidade.


É moi importante a lectura diaria  e tamén que escriban un pouquiño todos os días.
Tamén poden realizar series numéricas e contas de sumar e restas. Os de segundo ademáis poden repasar as tablas de multiplicar. 

- Habilitamos dúas dirección de correo electrónico para que, os que poidades, nos devolvades os traballos ou vos poñades en contacto con nós para solucionar os problemas que xurdan.


primeironivel@ceipportofaro.com

segundonivel@ceipportofaro.com


Podedes facelo a este correo ou ben dentro da aula Virtual, como vos resulte máis cómodo.


- Non é obligatorio realizar todo o traballo, colgamos moito traballo para que todos teñades  diferentes recursos  cando os necesitedes.


Lembramos o servizo de impresión que ten o Concello de Cambre. 


O concello pon a disposición dos veciños que non dispoñen de impresora/tinta
O obxectivo é axudar coas tarefas dos nenos e nenas Deben enviar un correo cos arquivos que se queren imprimir a alcaldia@cambre.org ou quedateencasa@canbre.org cos seguintes datos: Nombre completo Dni, Dirección Teléfono.
Eles imprimen os documentos e fannos chegar aos domicilios.

Pola nosa parte intentaremos propoñer actividades variadas  que resulten atractivas e motivadoras con  diferentes niveis de dificultade. 



Moitas grazas polo voso esforzo 

Mestres de 1º e 2º

mércores, 1 de abril de 2020

TRES NOTAS MOI IMPORTANTES


APLICACIÓN ABALAR

Todas as familias debedes descargar  a app ABALAR, podedes ver as instrucións na páxina web do cole, xa que as notas  da avaliación só se van a poder ver deste xeito.
Se tedes algún problema poñédevos en contacto con nós e buscaremos solucións alternativas.

TRABALLO DE INGLÉS DE SEGUNDO

A partir de agora podemos ver o traballo de inglés para segundo no blogue  de inglés da profe Flor.
Aquí vos dixo o enlace 



SERVICIO DE FOTOCOPIAS, IMPRESIÓN  E ENTREGA A DOMICILIO DO CONCELLO DE CAMBRE








En resposta a
Os pais e nais que queiran facer uso da #prestación deberán enviar un correo a alcaldia@cambre.org
Sobre cunha frecha cara a abaixo
indicando os seguintes datos:
Frecha apuntando á dereita
Nome completo, dirección e teléfono de contacto. No mail deberán achegar, así mesmo, os documentos que desexen imprimir ou fotocopiar (2/2).
2
2