RECOMENDACIÓNS VERÁN
1º Educación Primaria
A primeira e máis importante recomendación é que descansen,
xoguen e se divirtan. Eles xa acabaron o seu traballo.
Despois de descansar un par de semanas aquí van outras recomendacións:
- É moi importante que lean un anaquiño todos os días. Poden ler calquer cousa que lles apeteza: contos, poesías, revistas, cómic…
- De cando en vez pedirlles que lean en voz alta para mellorar o ritmo e a entonación.
- Realizar algún ditado ou copia para mellorar a atención e o tamaño e calidade da letra .
- Facer series numéricas e ordenar números.
- Facer algunhas contas e resolver problemas matemáticos sinxelos.
No blogue A SELVA DO
PORTOFARO colgaremos (con calmiña e pouco a pouco) traballo e enlaces para ir a páxinas con xogos e actividades que nos
permitan aprender e divertirnos .
Tamén insertaremos actividades e fichas que poderedes descargar e imprimir.
Aproveitamos a
ocasión para agradecervos de novo todo o traballo realizado durante este curso e mandarvos un agarimoso saúdo.