Amosando publicacións coa etiqueta ARBORE NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARBORE NADAL. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de decembro de 2017

ÁRBORE DE NADAL

Este Nadal os rapaces de primeiro e segundo pintamos caixas de ovos para facer unha árbore de Nadal distinta. Aprendimos a reciclar e comprendimos o importante que é reutilizar materiais que xa non nos serven para fabricar cousas novas.
A idea e a maior parte do traballo foi das profes de prácticas que estiveron no noso cole este trimestre.

MOITAS GRAZAS POR TODO, BOTARÉMOSVOS DE MENOS.



domingo, 22 de decembro de 2013

Unha árbore de estrelas

Fixemos unha árbore de nadal con estrelas. Cada neno escolleu as palabras que quería ver na súa estrela, a cor e a dirección das palabras; despois imprimímolas, plastificamos as estrelas e colocámola para formar a nosa árbore. Enriba puxemos un corazón con catro palabras: EDUCACIÓN  PÚBLICA PORTOFARO  e PAZ.





domingo, 15 de decembro de 2013

NUBES DE PALABRAS PARA FELICITAR O NADAL

Esta árbore, o corazón e a estrela están feitas co nome de todos os rapaces e rapazas de segundo B. 





Están feitas cun programa moi sinxelo que se chama tagxedo. Aquí vos deixo o enlace a esta páxina.
Enlace TAGXEDO

ÁRBORES NAVIDEÑAS

Este é o noso bosque de árbores de Nadal, unha para cada un.






A nosa árbore-calendario

Fixemos unha árbore de Nadal na que imos abrindo cada día o bolsillo correspondente. Cada día un rapaz leva unha postal feita por un compañeiro, unha piruleta e un pequeno agasallo. 
Esperamos que vos guste a nosa árbore.

















 Estas son algunhas das postais que fixemos para a árbore.