PROXECTO ARTE PINTAMOS UNHA ÁRBORE AO ESTILO DE KANDINSKY Wassily Kandinsky
Wassily Kandinsky naceu en Rusia en decembro de 1866.
Desde moi novo levaba un pequeno caderno onde debuxaba e escribía todo o que vía ou pensaba.
Gustábanlle moito as cores da natureza.
Pouco a pouco decatouse de que as súas pinturas eran abstractas porque as formas e os obxectos non tiñan importancia nas súas pinturas, el pensaba que o realmente importante eran as cores.
Empezou a pintar formas xeométricas moi sinxelas como cadrados, círculos e triángulos.
Agora imos utilizar os círculos que pintaba Kandinsky para facer a nosa árbore. Debaixo tes un vídeo no que explica unha forma de facelo.
Pero podemos facelo de moitas maneiras distintas. Aquí che deixo algunha idea.
Se necesitas axuda podes imprimir estes modelos de árbore e decoralos.
Tamén podes colorear estes círculos, recortar e montar a túa composición. ESCOLLE O QUE MÁIS CHE APETEZA!!!
Envía a túa árbore ao correo ou á Aula Virtual ou ao Whatsapp primeironivel@ceipportofaro.com Faceremos unha gran exposición adicada a Kandinsky.
-OS DE SEGUNDO TAMÉN PODEDES APUNTARVOS. -ADMITIMOS TAMÉN IRMÁNS GRANDES, IRMÁNS PEQUENOS, PAPÁS, MAMÁS, AVOAS, AVÓS ..... -XA ESTADES TARDANDO!!!!
Piet Mondrián é un pintor holandés que nos seus cadros só utiliza as cores primarias ( AZUL, AMARELO E VERMELLO) combinadas coas cores BRANCA E NEGRA. Os seus cadros só teñen liñas horizontais e verticais e non poden ser simétricos ( non poden ter as dúas metades iguais) Aquí tedes uns cadros de PIET MONDRIÁN Mondrian, N° VI /Composition n° II, P. Mondrian, 1920
Composición en rojo, amarillo y azul
Broadway Boogie Woogie
Uns animais pintados ao estilo de Mondrián
Agora tócache a ti
Debuxa ao teu animal favorito e píntao ao estilo de Piet Mondrián. Lembra que só podes utilizar liñas vericais e horizontais e as cores amarela, azul, vermella, branca e negra. Envía o debuxo ao correo
primeironivel@ceipportofaro.com
e faceremos unha exposición para poder velos todos (podes enviar máis de un). OS DE SEGUNDO TAMÉN PODEDES APUNTARVOS. ADMITIMOS TAMÉN IRMÁNS GRANDES, IRMÁNS PEQUENOS, PAPÁS, MAMÁS, AVOAS, AVÓS .....