Amosando publicacións coa etiqueta TRABALLO COOPERATIVO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRABALLO COOPERATIVO. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de maio de 2016

PROXECTO MUFFINS

Tiñamos que buscar unha receita de cociña inglesa. Dividímonos en grupos e cada un buscou cunha tablet unha receita que lles gustase.
Limos as 5 receitas e, despois de debatelo, votamos cal nos parecía a máis axeitada. Decidimos elaborar uns "Muffins Decorados".
Puxémonos a escribir a receita e decidimos ilustrala. 



Este é o enlace onde podedes ver a receita orixinal.

RECEITA MUFFINS


Logo adaptamos a receita á cantidade de muffins que íamos facer (60 e a receita era para 10), veunos moi ben para practicar a multiplicación.



Ingrediente
10 muffins
30 muffins
60 muffins
limón



ovos



culleradiñas  “Royal”



culleradas azucre



culleradas leite



cuncas azucre moído



http://www.midisegni.it/disegni/vari/leche.gifhttps://wchaverri.files.wordpress.com/2011/01/azucarar.png



                                                                                                                                    
v      Fíxate moi ben nestas equivalencias..
Ingrediente
10 muffins
30 muffins
60 muffins
Cunca de azucre moído
200 gr


Cullerada azucre
20 gr


Cullerada leite
15 ml


Culleradiña levadura
4 gr













Se queredes ver o traballo completo podedes facelo no seguinte enlace
 CÁLCULO MUFFINS

Unha vez que sabíamos os ingredientes que necesitabamos e as cantidades que debiamos mercar tocou facer a compra on-line.  Escollemos diferentes establecementos que aparecen na Internet e buscamos nas diferentes seccións para facer un presuposto, e averiguar cal tiña os mellores prezos.
Tamén fixemos unhas tarxetas para agasallar os doces á persoa que quixésemos.

E, a cociñar:

Primeiro, mesturar os ingredientes.






A continuación encher os moldes coa masa.














Colocar na bandexa e, ao forno.





Pero vixiando que non se nos queimen.







 Empezan a saìr as primeiras fornadas, teñen moi boa pinta.


 






Agora toca decorar coa cobertura de azucre moído.





 E este foi o resultado.












mércores, 13 de abril de 2016

ÉLMER

Este é parte do traballo que fixemos sobre o conto de Élmer, agora estamos poñéndolle voz e perfeccionándoo .
Intentaremos publicalo coas voces e as transicións porque será, xa sei que vos resultará difícil de crer, aínda máis bonito.
E iso que somos modestos.