venres, 30 de decembro de 2011
O RAP DO NADAL
Os de segundo
vimos cantar
para desexarvos
un bo Nadal.
Que acabe a fame,
que paren as guerras,
que haxa paz
en todas as terras.
Os de segundo
imos cantar
unha canción
que ides alucinar.
Cando no ceo
se ven as estrelas
procura deitarte
coa barriga chea.
Chega o Nadal,
comemos mazapán,
montamos a árbore
de Nadal.
Queremos tomar
moito turrón,
caerannos os dentes
nun montón.
Tede coidado
co champán
podendo ser
tomádeo con pan.
Imos pedir
unha batería
para tocar
de noite e de día.
Os nenos de segundo
teñen que ir durmir
porque o Apalpador
non vai tardar en vir.
Tomaremos uvas
despois de cear,
brindaremos con champán.
domingo, 11 de decembro de 2011
Este é un enlace que leva a unha páxina onde os rapaces poden escribir o seu propio conto utilizando fondos e imaxes prediseñadas. É moi interesante para fomentar o interés pola lectura e a escritura.
Espero que vos guste!!!
http://portal.perueduca.edu.pe/modulos/m_pancho/
Espero que vos guste!!!
http://portal.perueduca.edu.pe/modulos/m_pancho/
sábado, 10 de decembro de 2011
IMITAMOS A ARCIMBOLDO
Estes son os cadros que fixemos imitando o estilo de Giuseppe Arcimboldo, esperamos que vos gusten.
Aquí vos deixamos o enlace á páxina CARAS COCINERAS onde se poden crear caras con vexetais e imprimilas.
http://www.chileparaninos.cl/temas/cocinachilena/juegos/caras.html
Aquí vos deixamos o enlace á páxina CARAS COCINERAS onde se poden crear caras con vexetais e imprimilas.
http://www.chileparaninos.cl/temas/cocinachilena/juegos/caras.html
ARCIMBOLDO
Fixemos un traballo para o tema dos alimentos imitando as obras de Giuseppe Arcimboldo, un pintor italiano do século XVI. Deixámovos un link para que poidades atopar máis información e unha escolma de imaxes das súas obras.
http://es.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Arcimboldo
http://es.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Arcimboldo
A nosa árbore de Nadal
Fixemos unha árbore de Nadal que é un calendario de adviento, así cada un dos rapaces ten unha postal que fixo para el un compañeiro e un pequeno agasallo.
sábado, 3 de decembro de 2011
Libro dos animais do bosque
Este é o traballo que fixemos a finais de primeiro para celebrar o "ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES"
Investigamos e escribimos unhas fichas moi sinxelas sobre os animais que viven nos bosques galegos.
Investigamos e escribimos unhas fichas moi sinxelas sobre os animais que viven nos bosques galegos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)