venres, 30 de decembro de 2011

O RAP DO NADAL


Os de segundo
vimos cantar
para desexarvos
un bo Nadal.
Que acabe a fame,
que paren as guerras,
que haxa paz
en todas as terras.



Os de segundo
imos cantar
unha canción
que ides alucinar.

Cando no ceo
se ven as estrelas
procura deitarte
coa barriga chea.



Chega o Nadal,
comemos mazapán,
montamos a árbore
de Nadal.

Queremos tomar
moito turrón,
caerannos os dentes
nun montón.



Tede coidado
co champán
podendo ser
tomádeo con pan.

Imos pedir
unha batería
para tocar
de noite e de día.


Os nenos de segundo
teñen que ir durmir
porque o Apalpador
non vai tardar en vir.


Tomaremos uvas
despois de cear,
brindaremos con champán.