mércores, 9 de outubro de 2013

A NOSA EIRUGA CONVERTEUSE EN CRISÁLIDA

Esta noite a nosa eiruga converteuse en crisálida. Se todo vai ben teremos unha fermosa bolboreta en aproximadamente 12 días. 
En liberdade as eirugas suxéitanse polo cu a unha pola de fiuncho utilizando unha substancia pegañenta que segregan e aseguran a parte superior cunha especie de arnés de seguridade que fabrican cunha especie de seda. 
A noisa eiruga  tentou pegarse a un talo de cenoria. Se vos fixades nas fotografías vese a substancia pegañenta no cu e os restos da última muda de pel á beira do talo.


martes, 8 de outubro de 2013

CAMBIO DE EIRUGA A CRISÁLIDA

Vídeo onde se ve con detalle a transformación da eiruga PAPILIO MACHAON en crisálida.



UNHA EIRUGA MISTERIOSA

Onte Yaiza troúxonos para a clase unha eiruga que atopara polo contorno. Puxémonos a investigar para ver de que especie era, xa que necesitábamos saber de que planta se alimentaba. 



Buscamos información na Internet e descubrimos que era a eiruga da bolboreta PAPILIO MACHAON. 
A eiruga aliméntase de fiuncho, ruda, pirixel e follas de cenoria. 
Non tivemos que darlle de comer porque xa está empezando a facer o casulo. 
Mañá colgaremos fotos dela para que vexades como fai o casulo. 
Agora deixámosvos varios enlace  a páxinas onde poderedes informarvos sobre elas.
CICLO DA PAPILIO MACHAON
CRÍA DE PAPILIO MACHAON
WIKIPEDIA


OS NOSOS MARCAPÁXINAS

Empezamos o plan lector elaborando uns preciosos e orixinais marcapáxinas. Quedaron moi vistosos.





martes, 1 de outubro de 2013

Xa estamos de volta. 

Empeza un novo curso e temos que volver ás rutinas: erguerse cedo, ler, escribir, traballos, deberes...
Os días son cada vez máis curtos, o outono está aquí.
Para empezar con bon pé, unha musica estupenda con marabillosas imaxes. 
Un fragmento do OUTONO DE VIVALDI. Esperamos que bos guste!