venres, 19 de xuño de 2020

AGRADECEMENTO


Esta é a última semana dun curso estraño en tempos moi complicados.
 Un curso que fomos superando  entre todos pero sobre todo gracias a vós: 

- A vós rapaces e rapazas que cumplistes as normas, que vos quedastes en casa e que seguistes traballando con ilusión, facendo o traballo semana tras semana aínda que estabades cansados, aburridos e fartos.

- Pero sobre todo gracias a vós, pais e nais, que, a todo o traballo que xa tiñades e pese aos moitos problemas que vos xurdiron, tivéchedes que exercer de mestres. 

- Gracias por facer a maior parte do noso traballo, por botarlle horas e ilusión e por manterse en contacto con nós. 

- Gracias por axudar, correxir e animar continuamente aos nos@s alumn@s.

-Gracias por levar adiante este curso. 
Este foi o voso curso.

O próximo esperemos poder facelo entre todos, vernos, falar e sentir que as cousas se van amañando.

           MOITAS GRACIAS!!!



Vémonos en setembro.




RECOMENDACIÓNS VERÁN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


 RECOMENDACIÓNS VERÁN
1º Educación Primaria


A primeira e máis importante recomendación é que descansen, xoguen  e se divirtan.  Eles xa acabaron o seu traballo.

Despois de descansar un par de semanas  aquí van outras recomendacións:

  • É moi importante que lean un anaquiño todos os días.  Poden ler calquer cousa que lles apeteza: contos, poesías, revistas, cómic…
  • De cando en vez pedirlles que lean en voz alta para mellorar o ritmo e a entonación.


 Un día á semana poden adicar unha hora aos seguintes traballos para reforzar o aprendido e preparar o próximo curso:

  • Realizar algún ditado ou copia para mellorar a atención e o tamaño e calidade da letra . 
  • Facer series numéricas e ordenar números.
  • Facer algunhas   contas e resolver problemas matemáticos sinxelos.
Casi todo isto poden facelo a través de SNAPPET xa que esta plataforma educativa vai seguir activa durante unha parte do verán
 No blogue  A SELVA DO PORTOFARO  colgaremos (con calmiña e pouco a pouco)  traballo e enlaces   para ir a páxinas con xogos e actividades que nos permitan aprender e divertirnos .
Tamén insertaremos actividades e fichas  que poderedes descargar e imprimir.

Aproveitamos  a ocasión para agradecervos de novo todo o traballo realizado durante este curso e mandarvos un agarimoso saúdo.

FELICES VACACIÓNS!!!

BO VERÁN!!!!!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!!





mércores, 17 de xuño de 2020

ORLAS DE 1º

Para rematar este curso tan especial decidimos facer unhas orlas moi especiais e rariñas coma este tempo que nos tocou vivir .
Esperamos que vos gusten.




Por si queredes imprimilas deixámosvos un enlace para descargalas en PDF

ORLA 1º A

ORLA 1º B


ORLAS DE 2º

Unha bonita orla para estes rapaces maiores que remataron  este ciclo e pasan a terceiro de primaria





Aquí vos deixamos os enlaces a un PDF por si queredes imprimilo.


martes, 16 de xuño de 2020

DIPLOMAS ALUMN@S DE 2º

DIPLOMAS PARA ESTES MOZ@S DE 2º QUE PASAN A 3º



DIPLOMAS 2º A




DIPLOMAS 2º B



AGORA EN PDF PARA DESCARGAR


DIPLOMAS 2º A


DIPLOMAS 2º B


RECOMENDACIÓN DE LECTURA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

OS LIBROS AO SOL




 OLIVER BUTTON É UNHA NENA


TOMIE DE PAOLA                                                           EDITORIAL KALANDRAKA





Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura,  xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar  e, sobre todo, bailar. 
O seu pai preferiría que practicase deportes pero, a súa falta de habilidade para o exercicio físico fai  que os seus compañeiros de escola o marxinen, se burlen del  e o intimiden. 
«Oliver Button é unha nena», chegaron a pintar nunha parede.  

Un clásico que, dende a emoción e a sensibilidade, anima á autoafirmación e á empatía fronte aos estereotipos e á incomprensión. 

Queres ver as primeiras páxinas deste libro?


 DINOSAURIOS AL ATAQUE

ANA ALONSO                                                                               EDITORIAL  ANAYA



   




Nacho e María van coa avoa Silvia a visitar a Augusto, un amigo científico, que quere presentarlles á súa nova mascota. 
Chámase Regina, e  é unha tiranosaura. 
O seu  problema é que se atopa moi soa entre os humanos, e trama un plan para reclutar novos amigos!
Ademáis de disfrutar da lectura, os rapaces aprenderán sobre as distintas clases de dinosauros, o seu aspecto, as súas características e o seu xeito de vida.


 MARIÑA E O BALÓN

PERE TOBARUELA                                                                    EDICIÓNS XERAIS






Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. 
Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo. 
Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este problema coa axuda das súas amigas.







LOS CARPINCHOS

ALFREDO SODERGUIT                                                                 EDITORIAL  EKARÉ






 O día en que chegaron aqueles  animais estraños, grandes e peludos, todos opinaron o mesmo:
NON!!!! Non había lugar para eles. 
Pero los carpinchos non podían volver á súa casa, porque empezara a temporada de caza .
 Así, carpinchos e galiñas  deben convivir xuntos e a cousa non parece doada.


VER PRIMEIRAS PÁXINAS


EI, SUPERAVÓ!

PAUL MAcCARTNEY                                                                     EDICIÓNS XERAIS





 O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? 
Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras. 
Únete a eles e poderás montar en peixes voadores, fuxir de animais salvaxes e escapar de avalanchas! 
Unha historia xenial para toda a familia que te levará a percorrer o mundo nunha emocionante viaxe e te deixará de volta na cama á hora de durmir!  



LOS NIÑOS QUE SE OLIERON ALGO RARO

ALLAN AHLBERG                                   EDITORIAL  LOQUELEO-SANTILLANA






A señora Gaskitt atopa un paquete, o señor Gaskitt perde un bebé, Horacio non sabe que pensar sobre un paxariño, e a  señorita Pestiño…
Por que? 
Como??
Cando???
Por queeeeee??????  

LEMOS AS PRIMEIRAS PÁXINAS



TEÑO DEREITOS

MIGUEL ROBREDO                                                                  EDITORIAL  AIRA






Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.  
Un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.

No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido. 
Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.



FINALISTA DO PREMIO DA GALA DO LIBRO GALEGO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO DO 2019





LAS ELECCIONES DE LOS ANIMALES


ANDRÉ RODRIGUES                                                      EDITORIAL   TAKATUKA






Os animais xa están  fartos dos abusos do León. 

Deciden organizar unhas eleccións para escoller ao gobernante da selva.
Nas eleccións  participan a Mona, a Perezosa, a Serpe e o León. 
Pero,  sabs o que pasa cando hai eleccións? 
Que normas hai? 
Como se escolle ao vencedor?
Prepárate para descubrir todo isto junto cos animais e escolle ao teu candidato favorito. Un libro para hablar de política con los peques.





SE QUEREDES VER AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA TODOS OS NIVEIS
ENTRADE NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.

somosleons.blogspot.com


ART WITH PASTA