O último día de clase todos os cursos cantamos panxoliñas. Carmen, a profe de música, buscou e preparou unha panxoliña para cada un dos cursos. Os de segundo cantamos unha moi divertida que se chama "O CUARTO REI MAGO".
luns, 23 de decembro de 2013
domingo, 22 de decembro de 2013
ATA LOGO, JESSICA, ÍMOSTE BOTAR MOITO DE MENOS
Este venres foi o último día de clase de Jessica, a partir de agora ten que volver a estudar. Botarémola moito de menos.
VOLVE AXIÑA A VISITARNOS.
VOLVE AXIÑA A VISITARNOS.
Unha árbore de estrelas
Fixemos unha árbore de nadal con estrelas. Cada neno escolleu as palabras que quería ver na súa estrela, a cor e a dirección das palabras; despois imprimímolas, plastificamos as estrelas e colocámola para formar a nosa árbore. Enriba puxemos un corazón con catro palabras: EDUCACIÓN PÚBLICA PORTOFARO e PAZ.
VISITOUNOS PAPÁ NOEL
Papá Noel visitou o Ceip PORTOFARO e os rapaces de segundo entregáronlle as súas cartas. Despois agasallounos cuns caramelos e un libro para a clase.
domingo, 15 de decembro de 2013
NUBES DE PALABRAS PARA FELICITAR O NADAL
Esta árbore, o corazón e a estrela están feitas co nome de todos os rapaces e rapazas de segundo B.
Están feitas cun programa moi sinxelo que se chama tagxedo. Aquí vos deixo o enlace a esta páxina.
Enlace TAGXEDO
Están feitas cun programa moi sinxelo que se chama tagxedo. Aquí vos deixo o enlace a esta páxina.
Enlace TAGXEDO
Un conto de Nadal.
Un conto divertidísimo "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
A nosa árbore-calendario
Fixemos unha árbore de Nadal na que imos abrindo cada día o bolsillo correspondente. Cada día un rapaz leva unha postal feita por un compañeiro, unha piruleta e un pequeno agasallo.
Esperamos que vos guste a nosa árbore.
Estas son algunhas das postais que fixemos para a árbore.
Esperamos que vos guste a nosa árbore.
Estas son algunhas das postais que fixemos para a árbore.
mércores, 11 de decembro de 2013
xoves, 28 de novembro de 2013
TIPOS DE ALIMENTOS
Un vídeo estupendo para aprender os tipos de alimentos, a súa orixe, a forma de elaboración e como se deben conservar.
domingo, 24 de novembro de 2013
O NOSO MURAL DE OUTONO
Os rapaces de segundo fixemos un mural de outono moi orixinal. Só utilizamos as cores de outono para colorear unha mañá dourada no bosque.
Pintamos con esponxas e pinceis. As follas fixémolas debuxando, recortando e pregando folios de cores.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades como o fixemos e o chulo que nos quedou.
Pintamos con esponxas e pinceis. As follas fixémolas debuxando, recortando e pregando folios de cores.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades como o fixemos e o chulo que nos quedou.
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Todos podemos ser o que desexemos, non debemos renunciar aos nosos soños. ¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?
mércores, 20 de novembro de 2013
O APARATO RESPIRATORIO
Un vídeo moi sinxelo que explica a composición e funcionamento do aparato respiratorio.
venres, 8 de novembro de 2013
FOMOS AO TEATRO
Hoxe fomos ao Forum Metropolitano para ver unha obra de teatro "Los animales de don Baltasar".
É unha obra moi divertida na que aparece un pato que ladra, un gato que brúa, un can que miaña e unha vaca que fai cua-cua.
Deixámosvos unhas fotos para que vos fagades unha idea do moito que nos divertimos.
É unha obra moi divertida na que aparece un pato que ladra, un gato que brúa, un can que miaña e unha vaca que fai cua-cua.
Deixámosvos unhas fotos para que vos fagades unha idea do moito que nos divertimos.
xoves, 7 de novembro de 2013
Preparamos o Samaín
Para celebrar o Samaín fixemos unhas caixiñas terroríficas que enchemos con chuches. Aquí estamos posando moi orgullosos coas nosas caixas.
martes, 5 de novembro de 2013
A ÁRBORE DE OUTONO
Coa chegada do outono as árbores perden as súas follas. Aquí tedes a nosa árbore de outono cunhas follas moi orixinais.
Como está a nosa eiruga?
A nosa eiruga segue en fase crisálida. Pode ser que permaneza así ata a primavera, esperemos que aló por marzo vexamos saír unha fermosa bolboreta. Seguiremos informando.
mércores, 9 de outubro de 2013
A NOSA EIRUGA CONVERTEUSE EN CRISÁLIDA
Esta noite a nosa eiruga converteuse en crisálida. Se todo vai ben teremos unha fermosa bolboreta en aproximadamente 12 días.
En liberdade as eirugas suxéitanse polo cu a unha pola de fiuncho utilizando unha substancia pegañenta que segregan e aseguran a parte superior cunha especie de arnés de seguridade que fabrican cunha especie de seda.
A noisa eiruga tentou pegarse a un talo de cenoria. Se vos fixades nas fotografías vese a substancia pegañenta no cu e os restos da última muda de pel á beira do talo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)