luns, 23 de decembro de 2013

Cantamos panxoliñas

O último día de clase todos os cursos cantamos panxoliñas. Carmen, a profe de música, buscou e preparou unha panxoliña para cada un dos cursos. Os de segundo cantamos unha moi divertida que se chama "O CUARTO REI MAGO".