xoves, 28 de decembro de 2017

ÁRBORE DE NADAL

Este Nadal os rapaces de primeiro e segundo pintamos caixas de ovos para facer unha árbore de Nadal distinta. Aprendimos a reciclar e comprendimos o importante que é reutilizar materiais que xa non nos serven para fabricar cousas novas.
A idea e a maior parte do traballo foi das profes de prácticas que estiveron no noso cole este trimestre.

MOITAS GRAZAS POR TODO, BOTARÉMOSVOS DE MENOS.