Comunicámosvos as novidades para o traballo neste trimestre :
- Mandaremos unha boa parte do traballo pola plataforma Snappet xa que resulta a máis adecuada para controlar o traballo e ten gran variedade de actividades que poden realizar por si mesmos.
Lembrámosvos que poderedes acceder desde
- Seguiremos colgando traballo on-line con vídeos, explicacións para unha mellor comprensión dos temas que se estudan, traballo de reforzo que aparecerá no blogue e na Aula Virtual do cole.
- Colgaremos fichas para imprimir para que practiquen a escritura e, sobre todo, para aquelas familias que non poidan conectarse á rede con facilidade.
É moi importante a lectura diaria e tamén que escriban un pouquiño todos os días.
Tamén poden realizar series numéricas e contas de sumar e restas. Os de segundo ademáis poden repasar as tablas de multiplicar.
- Habilitamos dúas dirección de correo electrónico para que, os que poidades, nos devolvades os traballos ou vos poñades en contacto con nós para solucionar os problemas que xurdan.
primeironivel@ceipportofaro.com
segundonivel@ceipportofaro.com
Podedes facelo a este correo ou ben dentro da aula Virtual, como vos resulte máis cómodo.
- Non é obligatorio realizar todo o traballo, colgamos moito traballo para que todos teñades diferentes recursos cando os necesitedes.
Lembramos o servizo de impresión que ten o Concello de Cambre.

O concello pon a disposición dos veciños que non dispoñen de impresora/tinta |
O obxectivo é axudar coas tarefas dos nenos e nenas Deben enviar un correo cos arquivos que se queren imprimir a alcaldia@cambre.org ou quedateencasa@canbre.org cos seguintes datos: Nombre completo Dni, Dirección Teléfono. Eles imprimen os documentos e fannos chegar aos domicilios. Pola nosa parte intentaremos propoñer actividades variadas que resulten atractivas e motivadoras con diferentes niveis de dificultade. |
Moitas grazas polo voso esforzo
Mestres de 1º e 2º