martes, 14 de abril de 2020

NOTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Empezamos un terceiro trimestre moi atípico xa que seguimos na situación de  confinamento e, polo momento, non temos ningunha información sobre o tempo que pode durar ou se nalgún momento nos  poderemos incorporar ás aulas.

Estamos pasando por unha situación moi complicada que é especialmente difícil para os nosos nenos sen poder liberar toda a enerxía que levan dentro, acomodándose a novas rutinas, fustrados pola falta de actividades no exterior e sen poder compartir xogos cos seus amigos.

  
Os mestres comprendemos o díficil que vos resulta conseguir que se poñan a facer as tarefas escolares e dámosvos as grazas de novo pola vosa axuda e polo interés que estades demostrando.

Pola nosa parte intentaremos propoñer actividades variadas  que resulten atractivas e motivadoras con  diferentes niveis de dificultade. 


- Seguiremos colgando traballo on-line con vídeos, explicacións e reforzo e ampliación dos temas traballados que aparecerá  no blogue e na Aula Virtual do cole.

- Tamén seguiremos colgando fichas para imprimir para que practiquen a escritura  e, sobre todo, para aquelas familias que  non poidan conectarse á rede con facilidade.


No caso de que non poidades conectarvos e  resulte difícil imprimir o traballo podedes poñerlle vós o traballo que consideredes adecuado.

Intentaremos conectar con todos vós para  ver de solucionar todos os problemas que se presenten.

É moi importante a lectura diaria  e tamén que escriban un pouquiño todos os días.
Tamén poden realizar series numéricas e contas de sumar e restas. Os de segundo ademáis poden repasar as tablas de multiplicar. 

- Habilitamos dúas dirección de correo electrónico para que, os que poidades, nos devolvades os traballos ou vos poñades en contacto con nós para solucionar os problemas que xurdan.


primeironivel@ceipportofaro.com

segundonivel@ceipportofaro.com


Podedes facelo a este correo ou ben dentro da aula Virtual, como vos resulte máis cómodo.


- Non é obligatorio realizar todo o traballo, colgamos moito traballo porque dentro da clase hai diferentes velocidades e niveis para que poidades escoller o que os vosos fillos poden realizar e teñades  diferentes recursos  cando os necesitedes.


Lembramos o servizo de impresión que ten o Concello de Cambre. 


O concello pon a disposición dos veciños que non dispoñen de impresora/tinta
O obxectivo é axudar coas tarefas dos nenos e nenas Deben enviar un correo cos arquivos que se queren imprimir a alcaldia@cambre.org ou quedateencasa@canbre.org cos seguintes datos: Nombre completo Dni, Dirección Teléfono.
Eles imprimen os documentos e fannos chegar aos domicilios.





Moitas grazas pola vosa colaboración  e esperamos vernos o antes posible.

Mestres de 1º e 2º