sábado, 25 de abril de 2020

IMPRESIÓN TRABALLOS CONCELLO DE CAMBRE

Nota do concello de Cambre sobre a impresión de traballos escolares

Información sobre o servizo de impresión e entrega a domicilio dos traballos escolares 📢

Concello de Cambre informa de que, a partir da primeira semana do mes de maio 🗒️, o servizo de impresión e entrega a domicilio de traballos escolares cambiará o seu sistema de funcionamento.
Desde a posta en marcha deste servizo, o goberno local mantivo un contacto constante co equipo directivo de cada centro para ver como estaba a funcionar esta nova prestación. O #Concello detectou que algúns usuarios/as non estaban a facer un "uso responsable" desta medida.

Por esa razón, realizouse unha modificación que supón que, desde esa data, serán os propios centros educativos quen envíe os traballos para a súa posterior impresión 🖨️.
Unha vez realizadas estes labores, o Concello encargarase, como ata o de agora, da repartición dos documentos nos domicilios indicados polas persoas solicitantes.
Desde o Concello lémbrase aos veciños e veciñas que esta iniciativa está dispoñible, unicamente, para as familias que non dispoñen de medios para realizar a impresión de documentos ou para aquelas que non poidan saír dos seus domicilios.
Así mesmo, informamos de que na parroquia do #Temple hai dúas copisterías que xa están en funcionamento para que os veciños e veciñas poidan realizar as súas impresións nestes establecementos.
#QuedaNaCasa #QuedadeNaCasanformación sobre o servizo de impresión e entrega a domicilio dos traballos escolares 📢

POR FAVOR, AS PERSOAS QUE ESTÉN A UTILIZAR ESTE SERVISO QUE  NOS MANDEN UN CORREO INDICANDO O NOME DO ALUMN@ PARA PODER COMUNICARLLO AO CENTRO.

primeironivel@ceipportofaro.com

segundonivel@ceipportofaro.com