Benvidos ao curso 2020-2021
Empezamos un novo curso no que teremos que superar novos retos polos tempos difíciles nos que estamos a vivir.
Nesta situación a nosa prioridade será protexer a saúde dos nosos alumnos polo que se toman medidas para adecuar o funcionamento do centro a estas prioridades.
A continuación deixamos o enlace a un vídeo que aparece na páxina web do centro no que se explican as liñas xerais de actuación, os protocolos que imos seguir dentro das aulas, e os cambias nas entradas, saídas e recreos.
Vídeo explicativo
Lembrade que é necesario descargar a app Telegram. Nela está dispoñible o formulario para
comunicar ausencias ao cole por causa COVID. É obrigatorio e moi importante.
Agora veremos as medidas particulares que afectan ás aulas de primeiro e segundo de primaria
MASCARIÑAS
Os rapaces deben traela posta en todo momento tanto nas aulas como durante o recreo e os desprazamentos polo centro.
O primeiro día deben traer unha mascariña de reposto que virá dentro dunha caixa, sobre ou bolsa pechada e que traerá o nome do alumn@.
Esta mascariña quedará na clase para utilizala se a necesitamos.
Esta mascariña quedará na clase para utilizala se a necesitamos.
LAVADO E HIXIENE DE MANS
No centro priorizaremos a hixiene , todas as aulas dispoñen de xel hidroalcólico para ser utilizado polos rapac@s, e desinfectante e toalliñas para limpar mesas, cadeiras e material común.
RECREOS
Durante este curso no centro haberá tres quendas de recreo. Nas distintas quendas cada grupo terá un lugar asignado onde estará apartado dos outros grupos.
Salvo excepcións polo mal tempo, cando nos toque fora do pavillón, faceremos a merenda no exterior mantendo a distancia de seguridade. Os días de choiva utilizaremos o vestíbulo ou o ximnasio para poder manter as distancias.
Para evitar que as mascariñas caian ao chan, se luxen,se perdan ou poidan intercambiarse no cole teremos unhas bolsas con cierre hermético e co nome de cada rapaz para que as utilicen durante a merenda.
Poderemos levar ao patio a fiambreira e a auga que quedarán gardadas nunha caixa; cando entremos na aula cada rapaz recollerá a súa.
MATERIAL
Este curso continuaremos utilizando a plataforma Snappet pero as tablets serán de uso individual. Durante todo o curso estará habilitado o servicio on-line que nos permitirá traballar nelas desde o noso domicilio.
Cada alumno terá un estoxo onde gardará o material máis común que se utiliza na aula.
Para gardar este material necesitaremos unha bolsa de tea, como a das merendas para que cada neno a colgue na súa mesa.
Minimizaremos o traslado de material entre a escola e a casa:
- Os rapaces non poderán traer xogos, libros, revistas...
- Non se traerán mochilas ou bolsas grandes.
- Como norma xeral só traeremos unha bolsa coa merenda e a auga.
- Habitualmente o traballo que leven para realizar na casa mandarase a través da plataforma Snappet.
Os alumnos de segundo poderedes traer o material a partir do primeiro día de clase.
COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS
Non se celebrarán as reunións de principio de curso e, como norma xeral as reunións e titorías celebraranse de xeito telefónico ou por vídeoconferencia.
Durante este curso a comunicación coas familias facerase a través da aplicación CLASS DOJO, que deberedes descargar no móbil. Desde o cole mandarémosvos as instrucións e enlaces os primeiros días de clase.
Seguiremos utilizando o blogue A SELVA DO PORTOFARO e a plataforma Snappet.
MOI IMPORTANTE
Deberemos comunicar calquer falta de asistencia e o seu motivo a prImeira hora da mañá, xa que temos a obrigación de comprobar que calquer falta non se deba a motivos que entran no protocolo COVID
Por motivos de seguridade un alumno non se poderá incorporar ao centro no cambio de hora nin no recreo.
En caso necesario poderase recoller a calquer alumno antes de que finalice a xornada lectiva.
Se hai algún tema que vos preocupe e que non tratamos neste resumo quedamos á vosa disposición para calquer aclaración que necesitedes.
BO PRINCIPIO DE CURSO PARA TODOS