- A avaliación faise exclusivamente cos traballos que se realizaron na clase, polo que o traballo feito nestas últimas semanas non se ten en conta para as notas desta segunda avaliación.
- O traballo publicado neste blogue é voluntario pero é recomendable facelo para que os rapaces reforcen o aprendido,
-Non é necesario facer todas as actividades, poñemos unha gran variedade para que os rapaces poidan cambiar con facilidade e non se aburran.
A nosa idea é facilitar o confinamento con todo tipo de actividades, xogos, libros, cancións e ideas.
-As actividades están repartidas para os cursos de primeiro e segundo, o nivel ven indicado no título da actividade.
Nalgúns casos, como nas fichas de galego puxémolo en común porque hai moi pouca variedade e para que poidades escoller a máis adecuada.
Nalgúns casos, como nas fichas de galego puxémolo en común porque hai moi pouca variedade e para que poidades escoller a máis adecuada.
-As actividades nas que non se indica o nivel son propostas lúdicas, xogos e canción para calquer idade.
- Estes traballos que estades realizando só se poden enviar a través da AULA VIRTUAL. Se non podedes acceder a ela nos vos preocupedes xa que non é necesario envialos de volta.
- Despois das vacacións é moi probable que aparezan actividades novas que deberemos correxir e habilitaremos direccións de correo electrónico para que poidades enviar os novos traballos tanto de primeiro como de segundo.
-Por último dicirvos que somos conscientes das dificultades que representa para vós e sobre todo para os vosos fill@s esta situación á que temos que facerlle frente.
O máis importante é que os rapac@es estén tranquilos e o pasen o mellor posible e aproveitedes estes días para facer cousas xuntos.
Queremos agradecervos o voso interés e o traballo que estades a realizar.
Un agarimoso saudo
Mestres de 1º e 2º