Como este confinamento vai ser máis longo ímosvos enviar outro paquete de actividades para os días que quedan ata as
vacacións de Semana Santa.
Somos conscientes de que todos estamos pasando por unha situación moi complicada e que resulta moi difícil que os rapaces estén concentrados para realizar o traballo escolar polo que vos damos as gracias polo gran esforzo que estades facendo.
Tamén pensamos que algúns de vós non poderedes imprimir o traballo por carecer de impresora ou non ter tinta para ela, é por iso que a maior parte do traballo vai ser en formato dixital para que os rapaces poidan facelo directamente no ordenador ou na tablet.
Procuraremos que as actividades sexan variadas para que resulten atractivas e motivadoras e que presenten diferentes niveis de dificultade.
É moi importante a lectura diaria e tamén que escriban un pouquiño todos os días.
Tamén poden realizar series numéricas e contas de sumar e restas. Os de segundo ademáis poden repasar as tablas de multiplicar ata o 5.
Para os que poidan imprimir as fichas colgaremos uns exercicios de repaso de varias materias e alí poderedes escoller e imprimir os que vos parezan máis apropiados.
No blogue aparecerán actividades e xogos que reforcen o aprendido facendo especial fincapé na comprensión lectora e nas operacións matemáticas e problemas.
É moi importante a vosa axuda para comprobar que os rapaces fan correctamente as actividades Cando vaian facer algún dos exercicios pedide que volo lean en voz alta e que vos expliquen o que deben facer para comprobar que entenderon o enunciado.Comprobar que non xuntan ou separan palabras e que utilizan maiúsculas.
Moitas grazas pola vosa colaboración desexando que nos vexamos todos o antes posible
Mestres de 1º e 2º