Queremos aproveitar estes días que os rapaces van permanecer na casa para reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos ata este momento.
Tamén nos parece importante que as actividades sexan variadas para que resulten atractivas e motivadoras, por iso decidimos apostar por actividades e xogos con diferentes niveis de dificultade.
Asimesmo publicaremos fichas que poderedes descargar e imprimir desde a páxina web do noso centro.
· É moi importante que lean
un anaquiño (20-30 minutos) todos os días. Poden ler calquer
cousa que lles apeteza: contos, poesías, revistas, cómic…
De cando en vez pedirlles que lean en voz alta para mellorar o ritmo e a entonación, e facerlles algunha pregunta sobre a lectura
para traballar a comprensión.
Realizar algún ditado
ou copia para mellorar a atención e o tamaño e calidade da letra .
·
Facer series
numéricas e ordenar números.
·
Facer algunhas contas, especialmente restas con levadas.
·
Aprender as táboas de multiplicar do 1,2,3,4,5.
·
Resolver problemas
matemáticos sinxelos.
Poden facer diariamente unha ficha de lingua e outra de matemáticas das que podedes imprimir desde a páxina web do colexioCompletarán o seu traballo coas actividades e xogos que aparecen no blogue.
É moi importante a vosa axuda para controlar o traballo dos nenos e comprobar que o fan correctamente.
Deixámosvos aquí unhas ideas da mestra de música para estes días
Ideas para traballar música
Moitas grazas pola vosa colaboración e envíamosvos os nosos mellores desexos nestes difíciles momentos.