martes, 14 de abril de 2020

NOTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Empezamos un terceiro trimestre moi atípico xa que seguimos na situación de  confinamento e, polo momento, non temos ningunha información sobre o tempo que pode durar ou se nalgún momento nos  poderemos incorporar ás aulas.

Estamos pasando por unha situación moi complicada que é especialmente difícil para os nosos nenos sen poder liberar toda a enerxía que levan dentro, acomodándose a novas rutinas, fustrados pola falta de actividades no exterior e sen poder compartir xogos cos seus amigos.

  
Os mestres comprendemos o díficil que vos resulta conseguir que se poñan a facer as tarefas escolares e dámosvos as grazas de novo pola vosa axuda e polo interés que estades demostrando.

Pola nosa parte intentaremos propoñer actividades variadas  que resulten atractivas e motivadoras con  diferentes niveis de dificultade. 


Seguiremos colgando traballo on-line con vídeos, explicacións e reforzo e ampliación dos temas traballados que aparecerá  no blogue e na Aula Virtual do cole.

Tamén seguiremos colgando fichas para imprimir para que practiquen a escritura  e, sobre todo, para aquelas familias que  non poidan conectarse á rede con facilidade.


No caso de que non poidades conectarvos e  resulte difícil imprimir o traballo podedes poñerlle vós o traballo que consideredes adecuado.

Intentaremos conectar con todos vós para  ver de solucionar todos os problemas que se presenten.

É moi importante a lectura diaria  e tamén que escriban un pouquiño todos os días.
Tamén poden realizar series numéricas e contas de sumar e restas. Os de segundo ademáis poden repasar as tablas de multiplicar. 

Habilitamos dúas dirección de correo electrónico para que, os que poidades, nos devolvades os traballos ou vos poñades en contacto con nós para solucionar os problemas que xurdan.


primeironivel@ceipportofaro.com

segundonivel@ceipportofaro.com


Podedes facelo a este correo ou ben dentro da aula Virtual, como vos resulte máis cómodo.


Non é obligatorio realizar todo o traballo, colgamos moito traballo porque dentro da clase hai diferentes velocidades e niveis para que poidades escoller o que os vosos fillos poden realizar e teñades  diferentes recursos  cando os necesitedes.


Lembramos o servizo de impresión que ten o Concello de Cambre. 


O concello pon a disposición dos veciños que non dispoñen de impresora/tinta
O obxectivo é axudar coas tarefas dos nenos e nenas Deben enviar un correo cos arquivos que se queren imprimir a alcaldia@cambre.org ou quedateencasa@canbre.org cos seguintes datos: Nombre completo Dni, Dirección Teléfono.
Eles imprimen os documentos e fannos chegar aos domicilios.





Moitas grazas pola vosa colaboración  e esperamos vernos o antes posible.

Mestres de 1º e 2º

venres, 3 de abril de 2020

UNHA REVISTA PARA RAPACES

A editorial MOITOCONTO ofrécenos varios números da revista PAPAGAIO

OLLO AO PAPAGAIO

LIBROS DA EDITORIAL BAÍA PARA DESCARGAR



BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA


En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Propostas de lectura

Para 4-6 anos:
  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedoRuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Para 7-8 anos:
Para 9-10 anos:
  • Boa sorte, de María SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • MokoCristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González OutesDESCARGA.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
  • Liliput, de Manuel Lugrís RodríguezDESCARGA.
    A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.

xoves, 2 de abril de 2020

CONTOS PARA TODAS AS IDADES

TEMPO DE LER… 

Deixámosvos uns enlaces para que podades ler online, gratuitamente, algúns libros que poden ser do voso interés. 




EDITORIAL ANAYA


EDICIÓNS XERAIS

EDITORIAL BRUÑO

mércores, 1 de abril de 2020

TRES NOTAS MOI IMPORTANTES


APLICACIÓN ABALAR

Todas as familias debedes descargar  a app ABALAR, podedes ver as instrucións na páxina web do cole, xa que as notas  da avaliación só se van a poder ver deste xeito.
Se tedes algún problema poñédevos en contacto con nós e buscaremos solucións alternativas.

TRABALLO DE INGLÉS DE SEGUNDO

A partir de agora podemos ver o traballo de inglés para segundo no blogue  de inglés da profe Flor.
Aquí vos dixo o enlace 



SERVICIO DE FOTOCOPIAS, IMPRESIÓN  E ENTREGA A DOMICILIO DO CONCELLO DE CAMBRE








En resposta a
Os pais e nais que queiran facer uso da #prestación deberán enviar un correo a alcaldia@cambre.org
Sobre cunha frecha cara a abaixo
indicando os seguintes datos:
Frecha apuntando á dereita
Nome completo, dirección e teléfono de contacto. No mail deberán achegar, así mesmo, os documentos que desexen imprimir ou fotocopiar (2/2).
2
2