mércores, 1 de abril de 2020

TRES NOTAS MOI IMPORTANTES


APLICACIÓN ABALAR

Todas as familias debedes descargar  a app ABALAR, podedes ver as instrucións na páxina web do cole, xa que as notas  da avaliación só se van a poder ver deste xeito.
Se tedes algún problema poñédevos en contacto con nós e buscaremos solucións alternativas.

TRABALLO DE INGLÉS DE SEGUNDO

A partir de agora podemos ver o traballo de inglés para segundo no blogue  de inglés da profe Flor.
Aquí vos dixo o enlace 



SERVICIO DE FOTOCOPIAS, IMPRESIÓN  E ENTREGA A DOMICILIO DO CONCELLO DE CAMBRE








En resposta a
Os pais e nais que queiran facer uso da #prestación deberán enviar un correo a alcaldia@cambre.org
Sobre cunha frecha cara a abaixo
indicando os seguintes datos:
Frecha apuntando á dereita
Nome completo, dirección e teléfono de contacto. No mail deberán achegar, así mesmo, os documentos que desexen imprimir ou fotocopiar (2/2).
2
2













martes, 31 de marzo de 2020

MOI IMPORTANTE PARA 1º E 2º

Estes días recibíronse no cole chamadas e correos de pais/nais preocupados por varias cuestíóns que intentaremos aclarar:

- A avaliación  faise exclusivamente cos traballos que se realizaron na clase, polo que o traballo feito nestas últimas semanas non se ten en conta  para as notas desta segunda avaliación.

- O traballo publicado neste blogue é voluntario pero é recomendable facelo  para que os rapaces reforcen o aprendido,

-Non é necesario facer todas as actividades, poñemos unha gran variedade para que os rapaces poidan cambiar con facilidade e non se aburran. 
A nosa idea é facilitar o confinamento con todo tipo de actividades, xogos, libros, cancións e ideas.

-As actividades están repartidas para os cursos de primeiro e segundo, o nivel ven indicado no título da actividade. 
Nalgúns casos, como nas fichas de galego  puxémolo en común porque hai moi pouca variedade e para que poidades escoller a máis adecuada.

-As actividades nas que non se indica o nivel son propostas lúdicas, xogos e canción para calquer idade.

- Estes traballos que estades realizando só se poden enviar a través da AULA VIRTUAL. Se non podedes acceder a ela nos vos preocupedes xa que non é necesario envialos de volta.

- Despois das vacacións é moi probable que aparezan actividades novas que deberemos correxir  e habilitaremos direccións de correo electrónico para que poidades enviar os  novos traballos tanto de primeiro como de segundo.

-Por último dicirvos que somos conscientes das dificultades que representa para vós e sobre todo para os vosos fill@s esta situación  á que temos que facerlle frente.
O máis importante é que os rapac@es estén tranquilos e o pasen o mellor posible e aproveitedes estes días para facer cousas xuntos.

Queremos agradecervos o voso interés e o traballo que estades a realizar. 

Un agarimoso saudo
                                                   
                                                          Mestres de 1º  e 2º

UN CONTO MOI INTERESANTE

Los días en que todo se detuvo - Pixelatl



PARA VER E ESCOITAR












TRABALLO DE INGLÉS PARA 2º EP


Aprender inglés jugando, 3 sencillos juegos que gustarán y motivarán