sábado, 5 de abril de 2014

FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE DE BOMBEIROS

O xoves desta semana fomos visitar o parque de Bombeiros da Coruña. Ricardo  explicounos como comportarnos se vemos un incendio,  como evitar  a intoxicación co fume e como realizar unha evacuación ordeada. Despois David ensinounos o traxe dos bombeiros e ... poidemos probalo!!!
Tamén vimos o equipamento que levan os camións, os camións-escaleira, subimos a un dos camións e   ..... TATATACHÁN!!! aprendimos a usar as mangueiras.



Pintamos como Picasso.

Unha páxina moi divertida para pintar caras imitando a Pablo Picasso. 

domingo, 23 de marzo de 2014

CONCURSO FUNDACIÓN JOVE

Na visita que fixemos á fundación Jove propuxéronnos participar  nun concurso: debemos facer a nosa interpretación dun cadro de Joan Miró. 

Miró, Joan (1893 - 1983)  Peinture (1949)

VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Os rapaces/as do primeiro ciclo fomos ver o museo da fundación Jove. Alí vimos moitas obras interesantes. Patricia, a nosa guía, explicounos a diferencia entre arte realista e abstracto. Tamén nos ensinou o que era un retrato, unha paisaxe unha marina e un bodegón. Vimos un cadro cubista e varias esculturas. 
Despois fixemos un xogo no que, a partires dunhas pistas, debíamos encontrar algunhas obras do museu. Aquí vos deixamos algunhas das obras que estudamos.  


Kandinsky, Wassily (1866 - 1944) 
Muñoz, Juan (1953 - 2001)  

 Rusiñol, Santiago (1861 - 1931)  

Masriera i Manovens, Francesc (1842 - 1902)  

 Leiro, Francisco (1957 - )


Palmeiro, José (1903 - 1984) París  

 Alvarez de Sotomayor, Fdo. (1875 - 1960)  Os caseiros (1944) 
Angeles Ortiz, Manuel (1885 - 1984) 

 Souto, Arturo (1898 - 1976)  
Pesqueira, Manuel (1911 - 1987) 





domingo, 2 de marzo de 2014

DESFILE DE ENTROIDO

 Conseguimos sair e volvemos secos!!! O desfile saiu estupendo.




DISFRACES ENTROIDO

E aquí estamos cos nosos traxes, guapísimos e moi orixinais.
Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración, os traxes foron orixinais, creativos e feitos con cariño e ilusión.



AS MÁSCARAS DO ENTROIDO

Este Entroido o tema escollido para os disfraces foi "O MAR"
e no primeiro ciclo decidimos vestirnos de peixes.
Aquí vos deixamos fotos das nosas máscaras (máis ben gorros), quedaron "a mar" de ben, moi coloridas.