sábado, 5 de abril de 2014

FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE DE BOMBEIROS

O xoves desta semana fomos visitar o parque de Bombeiros da Coruña. Ricardo  explicounos como comportarnos se vemos un incendio,  como evitar  a intoxicación co fume e como realizar unha evacuación ordeada. Despois David ensinounos o traxe dos bombeiros e ... poidemos probalo!!!
Tamén vimos o equipamento que levan os camións, os camións-escaleira, subimos a un dos camións e   ..... TATATACHÁN!!! aprendimos a usar as mangueiras.