domingo, 2 de marzo de 2014

AS MÁSCARAS DO ENTROIDO

Este Entroido o tema escollido para os disfraces foi "O MAR"
e no primeiro ciclo decidimos vestirnos de peixes.
Aquí vos deixamos fotos das nosas máscaras (máis ben gorros), quedaron "a mar" de ben, moi coloridas.































sábado, 15 de febreiro de 2014

Fotos DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz os rapaces/zas de segundo vestímonos cunha bolsa branca coa palabra paz escrita e unha pegatina co símbolo da paz. Séntamonos no pabillón formando a palabra PAZ cos nosos corpos.Os restantes curso puxéronse ao noso redor e xuntos cantamos "O HIMNO DA ALEGRÍA" 



martes, 11 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ

Para celebrar o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA" realizamos varias actividades nas aulas, no ciclo e no cole. 
No primeiro ciclo realizamos unha greca con nenos que se daban a man, nos corazóns escribimos a palabra paz en moitos idiomas.




Tamén fixemos un mural no que colaboramos todos; cada un diseñou e pintou un anaco, pegámolos todos xuntos e, sobre ese fondo pegamos a silueta da pomba da paz.





 Cada curso escolleu un lema  sobre a paz e colgámolos na entrada do centro. O lema que escollemos en segundo foi "Queremos paz e felicidade para todas as persoas do mundo"




No cole tamén fixemos outros murais e unha exposición de libros sobre a paz que organizou a biblioteca.




















Os rapaces de terceiro fixeron bandeiriñas coa palabra PAZ en distintos idiomas e colgáronnas nos corredores do centro.








  

martes, 7 de xaneiro de 2014

PUZZLE MISTERIOSO

Quen aparece na foto? Resolve o puzzle e conseguirás averigualo.


luns, 23 de decembro de 2013

Cantamos panxoliñas

O último día de clase todos os cursos cantamos panxoliñas. Carmen, a profe de música, buscou e preparou unha panxoliña para cada un dos cursos. Os de segundo cantamos unha moi divertida que se chama "O CUARTO REI MAGO".





domingo, 22 de decembro de 2013

ATA LOGO, JESSICA, ÍMOSTE BOTAR MOITO DE MENOS

Este venres foi o último día de clase de Jessica, a partir de agora ten que volver a estudar. Botarémola moito de menos.
VOLVE AXIÑA A VISITARNOS.