venres, 18 de decembro de 2020

 

Un libro é o mellor agasallo



BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS


Autor/a: LEIRE BILBAO

Editorial KALANDRAKA

PREMIO EUSKADI DE LITERATURA 2017
PREMIO KIRICO AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2019

Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas -dende a curuxa ao león, pasando polo polbo ou a serpe- que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos “voadores”, “acuáticos”, “reptadores” e “ruxidores”, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e os xogos de palabras .

DESCARGA A FICHA DO LIBRO

LEMOS AS PRIMEIRAS PÁXINAS


ASTRONAUTAS. BITÁCORA DE UN VIAJE ESPACIAL



Autor/a:  CHANG-HOON JUNG

Editorial EKARÉ

Como despega unha nave espacial? 

Que partes ten  un traxe de cosmonauta? 

Que comen os astronautas? 

E como se bañan? 

Todas estas preguntas están contestadas neste libro por uns simpáticos nenos astronautas. Na súa viaxe, exploran o interior da estación espacial e a vida diaria  dun astronauta, incluíndo os experimentos que se fan no espacio. 


AQUI PODES VER AS PRIMEIRAS PÁXINAS 


O DRAGÓN QUE NON BOTABA LUME



Autor/a:   Carlos López

Editorial GALAXIA

O dragón usaba o lume que saía da súa boca para incendiar.....

O que esperamos dun dragón é que nos queime o cu co seu lume. 

Pero. que pasa cando un dragón non bota lume?

Pode haber peor cousa para un dragón ca iso?





UNA CENA MONSTRUOSA



Autor/a:   Meritxell Martí / Xavier Salomó

Editorial FLAMBOYANT

 Nove personaxes horripilantes,   un terrorífico gran chef de fama mundial, e un restaurante con tres estrelas negras fan…un banquete como ningún outro!! Levanta as tapas para descubrir croquetas de avoa, caracoles cocidos na súa baba ou doce de xeado con merengue encantado.

Hai  para todos os gustos!

E aínda nos  espera unha gran sorpresa, porque o peor invitado  non ten  chegado…


LEMOS UN ANAQUIÑO

GUÍA DIDÁCTICA

RAMONA ÓRBITA. 

A DONA DO TEMPO


Autor/a:  PAKOLAS

Editorial GALAXIA

Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!!

Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora dunha horta cibernética e unha perfeccionada  máquina do tempo. 

Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores.








 



EL  VENDEDOR  DE  FELICIDAD  

Autor/a:  DAVIDE CALI

Editorial LIBROS DEL ZORRO ROJO

Tilín, tilín! Chega o señor Pombo, o vendedor de felicidade. 

Vende tarros de felicidade en tamaño pequeno, grande ou tamaño familiar. Todos os veciños coñecen o  ruído da súa camioneta e saen a recibilo.

Algúns  mercan un frasco de felicidade para compartir cos amigos ; outros, un de agasallo para o Nadal, para repartir a fillos, netos…

Sempre é bo ter un frasco de reserva, aínda que  sexa  moi pequeno.




 



SUPERAVOA


Autor/a:  DAVID RODRÍGUEZ

Edicións Xerais

A avoa Rita garda un segredo. 

É unha superheroína!

Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. 

Unha  homenaxe ás avoas, que sempre están aí cando as necesitamos.


Outro conto de SUPERAVOAS: A SUPERAVOA DE ANTÓN




Amelia Earhart

Autor/a:  Isabel Thomas / Dàlia Adillon

Editorial BLUME


 Por que Amelia Earhart  é unha heroína da aviación?

Foi a primeira muller en atravesar soa  o océano Atlántico nun  voo,  escribiu libros que foron grandes  éxitos e loitou pola igualdade de dereitos da  muller.

Desapareceu  cando intentaba dar a vuelta ao mundo en avión e a súa morte continúa sendo un misterio.


LER AS PRIMEIRAS PÁXINAS


PARA SABER MÁIS SOBRE AMELIA EARHART