luns, 26 de novembro de 2018

CALENDARIO DE MULLERES CIENTÍFICAS: JANE GOODALL








Así é Jane Goodall






Valerie Jane Morris-Goodall naceu en INGLATERRA o 3 de abril de 1934.




É unha primatóloga coñecida polos seus estudos sobre a vida social e familiar dos chimpancés. 

Empezou a estudalos na comunidade de chimpancés de Kasakela, no Parque nacional Gombe Stream en Tanzania.  

Jane  notou que  os chimpancés tiñan personalidades únicas e manifestaban emocións como alegría e tristeza. 

Ademais observou condutas como abrazos, bicos, palmadas nas costas e mesmo cóxegas que nós consideramos como accións «humanas».

Tamén descubriu que os chimpancés utilizan ferramentas sinxelas.

Estes achados suxiren que os  humanos e chimpancés nos parecemos nas emocións,  intelixencia e relacións familiares e sociais.