domingo, 31 de maio de 2015

VISITA A ALDEANOVA (NARÓN)

Fomos de excursión a unha granxa-escola cerca de Narón. Alí había moitos animais: vacas, cabalos, ponis, ovellas, cabras, burros ...
Xogamos, reciclamos papel, fixemos pan, visitamos aos animais e plantamos.
O sitio era precioso e pasámolo moi ben.




VISITA DO MOUCHO-LEROUCHO


SAÍDA PARA VISITAR O CUARTEL DA POLICÍA NACIONAL

O que máis nos gustou foi o can policía e tocar as sereas do coche-patrulla. Tamén visitamos a escena do crime.



mércores, 13 de maio de 2015

DOCUMENTAL LLAMAS

Un traballo para diferenciar á llama LLum dos seus familiares: a alpaca, a vicuña e o guanaco.

xoves, 1 de xaneiro de 2015

DESPEDÍMONOS DE CAROLINA

Carolina, que estivo con nós unha tempada ten que deixarnos, debe seguir estudando.
O último día de clase despedímonos dela. ÍMOLA BOTAR MOITO DE MENOS!!!





ÁRBORE DAS VACACIÓNS

Elaboramos unha árbore-calendario para ir contando os días que nos quedaban antes das vacacións.








Cada día un de nós abría o peto correspondente e collía unha postal feita por un compañeiro, unha piruleta e un pequeno agasallo.
Aquí podedes ver algunha das postais que fixemos para desexarlles un feliz 2015 ou boas vacacións aos compañeiros.