martes, 7 de maio de 2013
TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL
Para o día das letras galegas fixemos un cómic sobre a poesía TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL de Roberto Vidal Bolaño.
xoves, 2 de maio de 2013
A LLAMA
Un traballo para diferenciar á llama LLum dos seus familiares: a alpaca, a vicuña e o guanaco.
martes, 30 de abril de 2013
sábado, 27 de abril de 2013
xoves, 18 de abril de 2013
martes, 9 de abril de 2013
O ZORZAL
Unha pequena colección de fotos con diferentes esceas da vida do zorzal.
Aquí tedes un exemplo do fermoso canto do zorzal.
Aquí tedes un exemplo do fermoso canto do zorzal.
sábado, 6 de abril de 2013
VIDA DUNHA BALEA
Esta é a vida dun amigo de Beatriz.
CESTOS DE OVOS DE PASCUA
Pintamos, decoramos, picamos, recortamos e montamos uns cestos de cartolina para enchelos de ovos de chocolate para celebrar as vacacións de pascua. Anque nos deron moito traballo valeron a pena porque nos quedaron moi lucidos .Espero que vos gustasen.
E aquí estamos todos posando, moi orgullosos, cos nosos cestos de ovos de Pascua.
E aquí estamos todos posando, moi orgullosos, cos nosos cestos de ovos de Pascua.
A NOSA ÁRBORE DA PAZ
domingo, 17 de marzo de 2013
CELEBRACIÓN ENTROIDO
E, por suposto, disfrazámonos. Espero que vos gustasen as máscaras, nós queremos agradecervos o voso traballo cos disfraces. Foron orixinais, creativos e feitos con moito cariño. GRACIAS POLA VOSA AXUDA.
MÁSCARAS TRADICIONAIS
Coloreamos e expuxemos nos corredores algunhas máscaras tradicionais africanas e dos países de Extremo Oriente.
luns, 11 de marzo de 2013
martes, 26 de febreiro de 2013
sábado, 5 de xaneiro de 2013
GRACIAS MIRIAM
O último día tamén foi un pouco triste porque tivemos que despedirnos de Miriam,que estivo de prácticas todo este primeiro trimestre. Miriam é estupenda, querémola moito e imos botala moitíiiiiiiiisimo de menos. Volve a visitarnos todas as veces que podas.
UN BICO ENORME. MUAC, MUAAC!!!
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
Nas clases de primeiro fixemos unha árbore de Nadal que tamén era un calendario de Adviento. Cada día, por sorteo, un alumn@ collía do lugar correspondente ao día unha postal (feita por algún dos seus compañeiros), unha chocolatina e un pequeno agasallo.
A ver que vos parece.

VISITOUNOS PAPÁ NOEL
Recibimos a visita de Papá Noel e un dos seus paxes na biblioteca do cole.
Primeiro o paxe relatounos un conto divertido e interesante, despois Papá Noel preguntounos que agasallo queríamos recibir e regalounos caramelos.
Todos lle explicamos que nos portaramos moi ben este ano.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)