sábado, 5 de xaneiro de 2013

GRACIAS MIRIAM

O último día tamén foi un pouco triste porque tivemos que despedirnos de Miriam,que estivo de prácticas todo este primeiro trimestre. Miriam é estupenda, querémola moito e imos botala moitíiiiiiiiisimo de menos. Volve a visitarnos todas as veces que podas.

 UN BICO ENORME. MUAC, MUAAC!!!


FESTA DE NADAL

O último día de clase tivemos unha pequena festa, pasámolo moi ben todos xuntos.



A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Nas clases de primeiro fixemos unha árbore de Nadal que tamén era un calendario de Adviento. Cada día, por sorteo, un alumn@ collía do lugar correspondente ao día unha postal (feita por algún dos seus compañeiros), unha chocolatina e un pequeno agasallo.
A ver que vos parece.


VISITOUNOS PAPÁ NOEL

 Recibimos a visita de Papá Noel e un dos seus paxes na biblioteca do cole. 
Primeiro o paxe relatounos un conto divertido e interesante, despois Papá Noel preguntounos que agasallo queríamos recibir e regalounos caramelos. 
Todos lle explicamos que nos portaramos moi ben este ano.





mércores, 2 de xaneiro de 2013

Excursión CASA DO QUEIXO

Excursión á CASA DO QUEIXO

En novembro fomos de excursión á casa do Queixo. Imos contar como foi a excursión:
Cando chegamos formaron tres grupos para realizar as distintas actividades.
Un grupo foi visitar aos animais da granxa.




Outros foron aprender a facer queixo.

domingo, 30 de decembro de 2012

Tamén fixemos dúas árbores dos medos para colocar no corredor. Cada rapaz fillo unha ou dúas follas nas que debuxaron cousas que  dan medo.

Aquí van todas as follas que fixemos para colgar nas árbores.



xoves, 27 de decembro de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Para celebrar o samaín fixemos varias actividades, a primeira foi elaborar dous murais de monstros, un de cada clase. Cada alumn@ escolleu o seu monstro favorito.
Quedounos moi lucido.

MONSTROS DE 1º A




MONSTROS DE 1ºB






XA ESTAMOS DE VOLTA

Volvemos co noso blog, que xa era hora, pero o primeiro trimestre é sempre caótico. Aproveitaremos as vacacións para colgar algúns dos traballos que fixemos, e dos que temos fotos, algún vídeo e direccións interesantes de internet.

Aproveitamos para desexarvos a todos 

FELICES FESTAS 

UN ANO 2013 FANTÁSTICO E CHEO DE LEDICIA.


cunha canción do Apalpador.




sábado, 26 de maio de 2012

CABALEIROS E CASTELOS

Un traballo feito por  un cole asturiano  para traballar a historia da Idade Media. Educativo, imaxinativo e moi divertido.
CABALLEROS Y CASTILLOS

martes, 22 de maio de 2012

Xogos e actividades DE COÑECEMENTO DO MEDIO

 Este enlace leva a unha páxina con xogos e actividades sobre o corpo humano,os sentidos, a alimentación, a saúde...
RECURSOS COÑECEMENTO DO MEDIO.

venres, 18 de maio de 2012

O LIBRO DOS ANIMAIS IMAXINARIOS

Por fin!!! Acabámolo!!! Este é o libro dos animais imaxinarios, traballamos moito nel, espero que vos guste.

martes, 15 de maio de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Un enlace que leva á páxina do Seminario Galán con actividades en liña e para imprimir sobre Valentín Paz Andrade. Ten actividades axeitadas para todos os ciclos de Primaria.


ACTIVIDADES VALENTÍN PAZ ANDRADE

domingo, 13 de maio de 2012

Imprimimos con patacas

Imprimimos con tampóns feitos con media pataca. Houbo modelos marabillosos e sorprendentes. Moitas grazas a tod@s pola vosa creatividade.





sábado, 12 de maio de 2012

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

Os rapaces de segundo plantamos faballóns no invernadoiro, están botando a flor e pronto aparecerán os froitos. Aquí estamos arrincando as malas herbas, non quedou ningunha.


luns, 9 de abril de 2012

CLASES DE INVERTEBRADOS

Neste vídeo  explican os principais grupos de animais invertebrados.


NACIMENTO DUN ANFIBIO

Un vídeo, en portugués, no que se vé o nacimento dunhas ras que poñen os ovos en follas.  



martes, 20 de marzo de 2012

Chegou a primavera.
Música de Vivaldi con fermosas imaxes para celebralo.
 


domingo, 4 de marzo de 2012

mércores, 29 de febreiro de 2012

ENLACE A UNHA PÁXINA ESTUPENDA

Este é o enlace á zona de alumnos da "Junta de Castilla y León", hai aplicacións educativas para todos os rapaces de primaria e para os de infantil. Tamén ten xogos axeitados para todas as idades.
Páxina educativa de Castela-León

sábado, 25 de febreiro de 2012

DÍA DA PAZ
Tamén fixemos uns bandeiríns para colgar polo corredor do centro.