xoves, 21 de abril de 2016

Élmer

XA TEDES AQUÍ O GRAN ÉXITO DESTE ANO.

A MELLOR PELÍCULA DA DÉCADA!!!

CANDIDATA AO ÓSCAR!!!

A PELÍCULA MÁIS ESPERADA NO PORTOFARO.



martes, 19 de abril de 2016

O LUME NOVO

Para o día das letras galegas imos traballar dun xeito especial este poema. 
O LUME NOVO está musicado por Suso Vaamonde.

CANCIÓN O LUME NOVO




Hoxe é o lume novo,
noite de San Xoán.
As ledas fogueiras

acesas están!  

Que gusto, rapaces,
saltar as fogueiras,
dar brincos, rebrincos
e pinchacarneiras!

      
Que gusto, rapaces,

correr e saltar,
dar brincos e pulos,
volver a brincar.


Que gusto, que ben
saltar as fogueiras
coas chamas subindo,
medrando lixeiras. 



Á mañá, o borrallo
terase apagado.
E sobre el despacio,
pasará o gado!


Pasará o gado
tripando o borrallo
para que non o pille

o mal do meigallo!


mércores, 13 de abril de 2016

CLASE DE MÚSICA

ÉLMER

Este é parte do traballo que fixemos sobre o conto de Élmer, agora estamos poñéndolle voz e perfeccionándoo .
Intentaremos publicalo coas voces e as transicións porque será, xa sei que vos resultará difícil de crer, aínda máis bonito.
E iso que somos modestos.



venres, 12 de febreiro de 2016

mércores, 10 de febreiro de 2016

No mes de novembro iniciamos un pequeno proxecto relacionado coa temperatura:
- Todos os días medimos a temperatura no exterior e interior da aula.
- Logo marcamos a temperatura exterior nun gráfico semanal
- Por último, cando remata o mes, facemos un gráfico no que recollemos a temperatura diaria e na que podemos ver as subidas e baixadas de temperatura ao longo do mes.

Aquí tedes o noso traballo dos meses de novembro e decembro.
















mércores, 20 de xaneiro de 2016

Calendario Portofaro

Este curso o equipo de Normalización Lingüística decidiu elaborar un calendario adicado a mulleres galegas, no que colaborou todo o colexio.
Aquí vos deixo o enlace. Espero que vos guste

CALENDARIO PORTOFARO