Os nosos vermes medran cada vez máis, pasan o día comendo e a pobre moreira está quedando pelada. É posible que un par deles empecen a facer o casulo en poucos días.
Para celebrar a primavera (a ver se quere colaborar) fixemos unha árbore con follas e flores primaverais. Tamén engadimos abellas, flores, anduriñas, bolboretas, paxaros, tulipáns.... ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
Estamos criando vermes de seda para ver a súa metamorfose. Os ovos vonvertéronse en pequenos vermes que comen só follas de moreira (por sorte, temos unha no cole). Durante varias semanas comerán cada vez máis follas e medrarán a un ritmo moi rápido.
Aos dous días de chegar, algún deles moi pequerrechiños.
Aquí vemos o ventre, e a colocación dos distintos pares de patas.
Nesta foto podemos apreciar a cabeza e a estrutura das mandíbulas.
Pintamos, decoramos, picamos, recortamos e montamos uns cestos de cartolina para enchelos de ovos de chocolate para celebrar as vacacións de pascua. Anque nos deron moito traballo valeron a pena porque nos quedaron moi lucidos .Espero que vos gustasen.
E aquí estamos todos posando, moi orgullosos, cos nosos cestos de ovos de Pascua.
E, por suposto, disfrazámonos. Espero que vos gustasen as máscaras, nós queremos agradecervos o voso traballo cos disfraces. Foron orixinais, creativos e feitos con moito cariño. GRACIAS POLA VOSA AXUDA.