Limos as 5 receitas e, despois de debatelo, votamos cal nos parecía a máis axeitada. Decidimos elaborar uns "Muffins Decorados".
Puxémonos a escribir a receita e decidimos ilustrala.
Este é o enlace onde podedes ver a receita orixinal.
RECEITA MUFFINS
Logo adaptamos a receita á cantidade de muffins que íamos facer (60 e a receita era para 10), veunos moi ben para practicar a multiplicación.
| 
Ingrediente | 
10 muffins | 
30 muffins | 
60 muffins | 
| 
limón | |||
| 
ovos | |||
| 
culleradiñas  “Royal” | |||
| 
culleradas azucre | |||
| 
culleradas leite | |||
| 
cuncas azucre moído | 


v      Fíxate moi ben nestas equivalencias..
| 
Ingrediente | 
10 muffins | 
30 muffins | 
60 muffins | 
| 
Cunca de azucre moído | 
200 gr | ||
| 
Cullerada azucre | 
20 gr | ||
| 
Cullerada leite | 
15 ml | ||
| 
Culleradiña levadura | 
4 gr | 
Se queredes ver o traballo completo podedes facelo no seguinte enlace
CÁLCULO MUFFINS
Unha vez que sabíamos os ingredientes que necesitabamos e as cantidades que debiamos mercar tocou facer a compra on-line. Escollemos diferentes establecementos que aparecen na Internet e buscamos nas diferentes seccións para facer un presuposto, e averiguar cal tiña os mellores prezos.
Tamén fixemos unhas tarxetas para agasallar os doces á persoa que quixésemos.
E, a cociñar:
Primeiro, mesturar os ingredientes.





Colocar na bandexa e, ao forno.

 Empezan a saìr as primeiras fornadas, teñen moi boa pinta.
 Empezan a saìr as primeiras fornadas, teñen moi boa pinta. 
 Agora toca decorar coa cobertura de azucre moído.
















 



