Continúa a saga galáctica máis emocionante de todas!
Unha vez máis Astro-Rato ten que actuar para desfacer unha inxustiza: os habitantes do planeta Peperete ven a súa existencia —e a colleita de garapiñadas— ameazada polas pillaxes dun fato de bandidos, o grupo de supermalfeitores coñecido en toda a galaxia como Os 4 Molestos.
Pero as súas forzas non abondan para enfrontarse a semellante perigo e os nosos amigos vense na obriga de recrutar unha nova tripulación.
En el castillo del Rey
AUTOR/A: Rebecca Colby - Tom Froese EDITORIAL EDELVIVES
No castelo do Rei habitan persoas con diferentes
oficios e xuntos construen e coidan a fortaleza.
Neste libro
ilustrado, con texto rimado, os lectores viaxarán ao pasado
e descubrirán como era a vida castelos medievais.
AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS
AUTOR/A: Victoria García-Laura Cortés HÉRCULES DE EDICIONES
As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras.
Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.
Lupas y Nanai.
Un misterio de tierra
AUTOR/A: Diego Arboleda EDITORIAL ANAYA
Acompaña a Lupas e Nanai neste libro cheo de humor e sorpresas.
O lobo ten moita imaxinación e unhas estrañas lupas; a xirafa, destaca pola súa intelixencia e valor.
Xuntos intentarán resolver este misterio de terra,
un misterio abraiante, cheo de area e calor.
Unha pirámide invisible, unha faraona abraiada,
unha escriba que non escribe, un deserto no que neva, papiros,xeroglíficos... Que lle compre a este misterio para ser
perfecto? Terra, moita, moita, pero que moita terra .