xoves, 1 de xaneiro de 2015

ÁRBORE DAS VACACIÓNS

Elaboramos unha árbore-calendario para ir contando os días que nos quedaban antes das vacacións.








Cada día un de nós abría o peto correspondente e collía unha postal feita por un compañeiro, unha piruleta e un pequeno agasallo.
Aquí podedes ver algunha das postais que fixemos para desexarlles un feliz 2015 ou boas vacacións aos compañeiros.











domingo, 9 de novembro de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO


O MOUCHO LEROUCHO

O Moucho Leroucho veunos visitar, coma sempre tróuxonos alegría e contounos un conto moi divertido sobre uns porquiños.










Despois representamos o conto "OS TRES PORQUIÑOS". A Marta tocoulle ser o lobo e  Pablo, Aldara e Izan foron os tres porquiños..





 


Dani, o porquiño pequeno, fixo a súa casa de palla, pero o lobo soprou e a casiña tirou.



Aldara, o porquiño mediano, fixo a sús casa de madeira, pero o lobo chegou, soprou e a casiña tirou.



















Izan, o porquiño grande, fixo a súa casa de pedra e os tres porquiños refuxiáronse dentro. O lobo chegou, soprou e soprou pero non conseguiu derrubar a casa.






O lobo escapou e os tres porquiños  cantaron e xogaron para celebralo.






 Despois o moucho deixounos unha bolsa de libros para cada clase.









SAMAÍN

Aquí posamos coas nosas máscaras para asustarvos.


SAMAÍN

Preparamos a clase para o samaín cunha porta de arañeiras,  aquí vedes como tecemos a la.

 
















Despois colocamos as nosas arañas.























Aquí vedes algunhas das arañas que fixemos.






















luns, 6 de outubro de 2014

CANCIÓN PATOS

Unha canción adicada ao noso amigo Pipo.


PATOS VOANDO POR PRIMEIRA VEZ

Os animais, coma as persoas teñen que aprender a facer as cousas e a primeira vez, non é nada sinxelo. Pero se seguimos practicando conseguirémolo.


CANCIÓN PARA TRANQUILIZARSE

Para non enfadarse  e estar sempre contentos e relaxados.