sábado, 15 de febreiro de 2014

Fotos DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz os rapaces/zas de segundo vestímonos cunha bolsa branca coa palabra paz escrita e unha pegatina co símbolo da paz. Séntamonos no pabillón formando a palabra PAZ cos nosos corpos.Os restantes curso puxéronse ao noso redor e xuntos cantamos "O HIMNO DA ALEGRÍA" 



martes, 11 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ

Para celebrar o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA" realizamos varias actividades nas aulas, no ciclo e no cole. 
No primeiro ciclo realizamos unha greca con nenos que se daban a man, nos corazóns escribimos a palabra paz en moitos idiomas.




Tamén fixemos un mural no que colaboramos todos; cada un diseñou e pintou un anaco, pegámolos todos xuntos e, sobre ese fondo pegamos a silueta da pomba da paz.





 Cada curso escolleu un lema  sobre a paz e colgámolos na entrada do centro. O lema que escollemos en segundo foi "Queremos paz e felicidade para todas as persoas do mundo"




No cole tamén fixemos outros murais e unha exposición de libros sobre a paz que organizou a biblioteca.




















Os rapaces de terceiro fixeron bandeiriñas coa palabra PAZ en distintos idiomas e colgáronnas nos corredores do centro.