xoves, 28 de novembro de 2013

TIPOS DE ALIMENTOS

Un vídeo estupendo para aprender os tipos de alimentos, a súa orixe, a forma de elaboración e como se deben conservar. 

domingo, 24 de novembro de 2013

MAGOSTO

Celebramos o Magosto cunha boa chea de castañas, estaban riquísimas!!! Antes de comelas posamos así de guapísimos cos nosos cestos.



O NOSO MURAL DE OUTONO

Os rapaces de segundo fixemos un mural de outono moi orixinal. Só utilizamos as cores de outono para colorear unha mañá dourada no bosque. 
Pintamos con esponxas e pinceis. As follas fixémolas debuxando, recortando e pregando folios de cores.  
Aquí tedes unhas fotos para que vexades como o fixemos e o chulo que nos quedou.











25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todos podemos ser o que desexemos, non debemos renunciar aos nosos soños. ¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?



Dia internacional contra a violencia de xénero

Un conto a favor da igualdade. ROSA CARAMELO


mércores, 20 de novembro de 2013

venres, 8 de novembro de 2013

FOMOS AO TEATRO

Hoxe fomos ao Forum Metropolitano para ver unha obra de teatro "Los animales de don Baltasar". 
É unha obra moi divertida na que aparece un pato que ladra, un gato que brúa, un can que miaña e unha vaca que fai cua-cua.
Deixámosvos unhas fotos para que vos fagades unha idea do moito que nos divertimos.








xoves, 7 de novembro de 2013

Preparamos o Samaín

Para celebrar o Samaín fixemos unhas caixiñas terroríficas que enchemos con chuches. Aquí estamos posando moi orgullosos coas nosas caixas.



martes, 5 de novembro de 2013

A ÁRBORE DE OUTONO

 Coa chegada do outono as árbores perden as súas follas. Aquí tedes a nosa árbore de outono cunhas follas moi orixinais.

















Como está a nosa eiruga?

A nosa eiruga segue en fase crisálida. Pode ser que permaneza así ata a primavera, esperemos que aló por marzo vexamos saír unha fermosa bolboreta. Seguiremos informando.