xoves, 28 de decembro de 2017

ÁRBORE DE NADAL

Este Nadal os rapaces de primeiro e segundo pintamos caixas de ovos para facer unha árbore de Nadal distinta. Aprendimos a reciclar e comprendimos o importante que é reutilizar materiais que xa non nos serven para fabricar cousas novas.
A idea e a maior parte do traballo foi das profes de prácticas que estiveron no noso cole este trimestre.

MOITAS GRAZAS POR TODO, BOTARÉMOSVOS DE MENOS.



DESPEDIDA DE ANA

DESPEDIDA DE ANA de Concepción Louzán Fernández

Aprendemos sobre o corpo humano xogando

XOGAMOS E APRENDEMOS de Concepción Louzán Fernández

GALLETAS DE NADAL Mailänderli

Este curso os nenos de 2º A fixemos unha amiga por correspondencia, Chámase Blanca e escríbenos desde Xinebra, en Suíza.
Polo Nadal mandounos unha receta dunhas galletas que lle gustan moito, son unhas galletas que se fan para o Nadal e chámanse  Mailänderli.
Como nos pareceron sinxelas e moi ricas decidimos facelas no cole, aproveitamos que a profe Ana é unha estupenda reposteira.

Primeiro estudiamos a receta e vimos os igredientes e os utensilios que íamos necesitar, decidimos cambiar un pouco a receita e botarlle vainilla en vez de zume de limón.
Aquí vai un enlace á receita orixinal:
Receita galletas Mailänderli

Mailänderli, galletas de mantequilla y limón. Receta de Navidad



the benefits de Concepción Louzán Fernández