domingo, 9 de novembro de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO


O MOUCHO LEROUCHO

O Moucho Leroucho veunos visitar, coma sempre tróuxonos alegría e contounos un conto moi divertido sobre uns porquiños.










Despois representamos o conto "OS TRES PORQUIÑOS". A Marta tocoulle ser o lobo e  Pablo, Aldara e Izan foron os tres porquiños..





 


Dani, o porquiño pequeno, fixo a súa casa de palla, pero o lobo soprou e a casiña tirou.



Aldara, o porquiño mediano, fixo a sús casa de madeira, pero o lobo chegou, soprou e a casiña tirou.



















Izan, o porquiño grande, fixo a súa casa de pedra e os tres porquiños refuxiáronse dentro. O lobo chegou, soprou e soprou pero non conseguiu derrubar a casa.






O lobo escapou e os tres porquiños  cantaron e xogaron para celebralo.






 Despois o moucho deixounos unha bolsa de libros para cada clase.









SAMAÍN

Aquí posamos coas nosas máscaras para asustarvos.


SAMAÍN

Preparamos a clase para o samaín cunha porta de arañeiras,  aquí vedes como tecemos a la.

 
















Despois colocamos as nosas arañas.























Aquí vedes algunhas das arañas que fixemos.






















luns, 6 de outubro de 2014

CANCIÓN PATOS

Unha canción adicada ao noso amigo Pipo.


PATOS VOANDO POR PRIMEIRA VEZ

Os animais, coma as persoas teñen que aprender a facer as cousas e a primeira vez, non é nada sinxelo. Pero se seguimos practicando conseguirémolo.


CANCIÓN PARA TRANQUILIZARSE

Para non enfadarse  e estar sempre contentos e relaxados.

mércores, 24 de setembro de 2014

Sonido da Pita de Monte

Así ten a voz o noso Usi.


Imaxes da PITA DO MONTE

Fermosas imaxes da Pita de Monte que está a piques de desaparecer.


Canción "El oso fue a la montaña"

A VIDA DOS OSOS

O noso amigo Oli é un oso pardo igual que os que veremos neste documental.



CANCIÓN DA IGUANA

A IGUANA

Un documental sobre a nosa amiga Isabel.


venres, 12 de setembro de 2014

UNHA CANCIÓN PARA AMALIA

Empezamos un novo curso con enerxía e ilusión e adicámoslle esta canción á nosa araña Amalia.





EMPEZAMOS DE NOVO

Para empezar este novo curso con bo pé e enerxía deixámosvos un anaco de " 0 VERÁN" de "AS CATRO ESTACIÓNS" de Vivaldi cunhas marabillosas imaxes.

EMPEZAMOS DE NOVO!!!
BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!


domingo, 25 de maio de 2014

NIMBOS DE POESÍA

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicouselle ao escritor  Xosé María Díaz Castro cuxa obra máis importante é "Nimbos". Xogando co significado do título os rapac@es de 2 fixemos uns pequenos NIMBOS DE POESÍA  que vos deixamos aquí.