domingo, 9 de novembro de 2014

O MOUCHO LEROUCHO

O Moucho Leroucho veunos visitar, coma sempre tróuxonos alegría e contounos un conto moi divertido sobre uns porquiños.










Despois representamos o conto "OS TRES PORQUIÑOS". A Marta tocoulle ser o lobo e  Pablo, Aldara e Izan foron os tres porquiños..





 


Dani, o porquiño pequeno, fixo a súa casa de palla, pero o lobo soprou e a casiña tirou.



Aldara, o porquiño mediano, fixo a sús casa de madeira, pero o lobo chegou, soprou e a casiña tirou.



















Izan, o porquiño grande, fixo a súa casa de pedra e os tres porquiños refuxiáronse dentro. O lobo chegou, soprou e soprou pero non conseguiu derrubar a casa.






O lobo escapou e os tres porquiños  cantaron e xogaron para celebralo.






 Despois o moucho deixounos unha bolsa de libros para cada clase.