Estamos criando vermes de seda para ver a súa metamorfose. Os ovos vonvertéronse en pequenos vermes que comen só follas de moreira (por sorte, temos unha no cole). Durante varias semanas comerán cada vez máis follas e medrarán a un ritmo moi rápido.
Aos dous días de chegar, algún deles moi pequerrechiños.
Aquí vemos o ventre, e a colocación dos distintos pares de patas.
Nesta foto podemos apreciar a cabeza e a estrutura das mandíbulas.