Este Entroido o tema escollido para os disfraces foi "O MAR" e no primeiro ciclo decidimos vestirnos de peixes. Aquí vos deixamos fotos das nosas máscaras (máis ben gorros), quedaron "a mar" de ben, moi coloridas.
Para celebrar o día da paz os rapaces/zas de segundo vestímonos cunha bolsa branca coa palabra paz escrita e unha pegatina co símbolo da paz. Séntamonos no pabillón formando a palabra PAZ cos nosos corpos.Os restantes curso puxéronse ao noso redor e xuntos cantamos "O HIMNO DA ALEGRÍA"
Para celebrar o "DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA" realizamos varias actividades nas aulas, no ciclo e no cole. No primeiro ciclo realizamos unha greca con nenos que se daban a man, nos corazóns escribimos a palabra paz en moitos idiomas.
Tamén fixemos un mural no que colaboramos todos; cada un diseñou e pintou un anaco, pegámolos todos xuntos e, sobre ese fondo pegamos a silueta da pomba da paz.
Cada curso escolleu un lema sobre a paz e colgámolos na entrada do centro. O lema que escollemos en segundo foi "Queremos paz e felicidade para todas as persoas do mundo"
No cole tamén fixemos outros murais e unha exposición de libros sobre a paz que organizou a biblioteca.
Os rapaces de terceiro fixeron bandeiriñas coa palabra PAZ en distintos idiomas e colgáronnas nos corredores do centro.